Moi importante partido o do As Pontes esta fin de semana, domingo, 17:30, arbitrado por Gabriel Quintairos Rial (Vigo).
Despois de gañar ó que era líder e situarse a dous puntos dos dous primeiros faltando tres xornadas, o equipo pontés visita este domingo Cantarrana.
O histórico Viveiro non será un rival nada doado, dado que se xoga a salvación. Son decimosextos con 39 puntos, ademais, empatados con outros tres equipos.
O cadro lucense é moi atípico, xa que é o quinto máximo goleador (60), só por detrás dos catro primeiros, pero ao mesmo tempo é o terceiro máis goleado (68), só por diante de Dumbría e Outeiro, ambos con 72.
Nas últimas catro xornadas en casa logrou tres vitorias e un empate ante o mesmísimo Paiosaco. No seu campo ten resultados destacados, Ordes (3-1), Arzúa (3-1), Betanzos (5-2), Dumbría (5-1), Outeiro (5-0), Residencia (4-1), ou Escairón (4-2).
O xove dianteiro Arturo Calvo leva 12 goles, Alex Meitín 8, Xenxo e Xaime 7, e Alex Paz 6. No histórico de partidos en Cantarrana, só dúas vitorias pontesas, por nove empates e oito triunfos locais.
Retornan á que foi a súa casa os viveirenses Bossa, Rego, Kiko e Fidi, incluso Dani. Non poderá ser da partida o central Julio Camba, que cumple ciclo de tarxetas.
Por outra banda, o Xuvenil xogará o sábado en Maniños contra o Imperátor Oar a fase de ascenso.
Mala sorte para o equipo feminino, xa que na competición de Copa, nos oitavos de final, xoga a domicilio e ante o Caranza, é dicir o segundo contra o cuarto clasificado da Liga.
PREFERENTE
VIVEIRO CF-CD AS PONTES (DOMINGO 13, 17:30)
FEMININO
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (SÁBADO 12, 17:00)
XUVENIL
IMPERATOR OAR-CD AS PONTES (SÁBADO 12, 19:00)
Nova cortesía de Xose Ferreiro