Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 14-15-16 SETEMBRO

O As Pontes recibe a un compricado Atlético Arteixo

O As Pontes recibe este domingo (18:00) ó Atlético Arteixo, en encontro dirixido por Iván Rubio Aviñoa (Ourense). O conxunto coruñés é un histórico do fútbol galego nos últimos anos e chegou a xogar na Segunda B na 2004-05.

Tras moitos anos na Primeira Rexional reenganchouse á Preferente Norte hai catro tempadas, e dende entón sempre é un candidato ó ascenso, si ben cando máis cerca estivo foron as dúas primeiras campañas do retorno, que acabou cuarto na 2014-15 e quinto na 2015-16.

Dirixido por Mauro García Juncal, que xogara en Primeira co Compostela e Rayo Vallecano, mantén prácticamente o mesmo bloque do ano anterior, que concluiu oitavo, co recambio do segundo máximo goleador da categoría, Adrián Otero (17), por Denis López, o ex internacional español sub16, que anotara 19 goles hai dúas tempadas e que chega tras pasar polo ascendido Polvorín.

Tamén perderon a Mauro e Naya, pero chegaron tres defensas da Terceira, Josito (Bergantiños) Rebollo (Silva), e Lista do ascendido Paiosaco. Outros nomes destacados son os do ex xogador pontés Dapo, o compañeiro de Rochela na canteira do Deportivo Dani Bea, o porteiro Alex do Somozas, e Javi Manjarín fillo, que contrastan que o conxunto de Ponte dos Brozos, que suma dúas vitorias por unha derrota, non será nada doado.

Pola súa parte o equipo azul é o único que suma todos os puntos ata o de agora, xunto a un agardado Noia e un inesperado recén ascendido Sarriana. Nos encontros no Poboado, dous empates na Terceira e dúas vitorias en Preferente, 3-0 e 3-1.

PREFERENTE
CD AS PONTES-ATLÉTICO ARTEIXO (DOMINGO 16, 18:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-EF LALÍN (SÁBADO 15, 17:30)

XUVENIL B
CD CARIÑO-CD AS PONTES (VENRES 14, 19:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios