Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 18-19-20 XANEIRO

O As Pontes recibe ó segundo clasificado Arzúa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes recibe este domingo, 16:30, arbitrado por Iván Morlán García (A Coruña), ó segundo clasificado Arzúa, nun encontro que é clave para ambos equipos, os arzuanos para tratar de seguir mantendo a segunda praza nese duelo que manteñen co Noia, Viveiro e Sarriana, e os ponteses porque de gañar terían a metade do ascenso no peto. 

Non será nada doado o cadro de Baleato, que está prolongando a boa campaña do ano pasado, na que chegou a ser terceiro clasificado na primeira volta, para finalizar a Liga nunha boa sétima praza tendo en conta que era recén ascendido.

Este ano o rendemento está a ser moito mellor. De feito ten moi boas vitorias ante os grandes, a domicilio, en Viveiro e Ribadeo, 1-2 en ambos casos, e a Sarriana (0-2), e na casa ante Noia (3-1) e un Dubra (4-1) en horas baixas, ademáis do 8-1 ó Castro, a segunda maior goleada da Liga. Levan dez xornadas sen perder, con apenas dous empates.       

Parte desa boa marcha recae dende logo no máximo goleador da categoría, o lalinense Íker Hurtado, que leva 23 dianas en 21 encontros, e en menor medida, o que fora xogador pontés a campaña pasada, ex internacional español do xuvenil céltico, Adrián Iglesias, que suma 10 tantos. Entre os dous conseguiron 33 dos 51 goles do equipo. 

Os seguintes anotadores xa serían Brais, e Damián, que suman catro dianas, dun equipo que mantén o bloque, coa incorporación máis notable do defensa Juanjo, do Noia. Tanto Adrián como Damián non poderán ser da partida. O único antecedente entre ambos equipos é o 1-0 da campaña pasada, tanto de Roberto. 

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-CSD ARZÚA (DOMINGO 20, 16:30)

FEMININO
SCD A CAPELA-CD AS PONTES (OS CALZADOS, SÁBADO 19, 18:00)

XUVENIL A
EF LALÍN-CD AS PONTES (MANUEL ANXO CORTIZO, SÁBADO 19, 16:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-FC ORTIGUEIRA (VENRES 18, 17:15)

CADETE
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (SÁBADO 19, 17:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-SDCR NARÓN O FREIXO B (SÁBADO 19, 16:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR BE (SÁBADO 19, 10:30)
ORTIGUEIRA FC-CD AS PONTES B (SAN CLAUDIO, SÁBADO 19, 11:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR (SÁBADO 19, 11:40)
AD MIÑO-CD AS PONTES B (GALLAMONDE, SÁBADO 19, 11:50)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 19, 12:50)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios