O As Pontes remata este domingo a súa temporada 2017-18 que comezara aló polo 27 de Agosto, xa hai nove meses e medio, recibindo ó Atios no Poboado este domingo ás 18:00.
No 40º partido nesta Preferente para ambos equipos, chegan á volta da promoción de terceiros cun empate a 0-0 que deixa a eliminatoria no aire, co As Pontes co factor campo a favor, e o Atios ó que lle favorece calquer empate con goles.
Ambos equipos chegan ao encontro decisivo con dúbidas. Os ponteses recuperan a Alex Cabarcos, pero está no aire a participación do director de orquestra, Bossa.
Pola súa banda, os de Porriño recuperan ó cerebro Besada, e á parella de centrais Lucas e Cristian, pero perden por cartóns ao pichichi Joni e ao segundo máximo goleador, Estefan, sendo tamén dúbida o porteiro Vitas, que se retirou mancado no Carballo.
Pola súa banda o equipo xuvenil remata a súa tempada coa final de Copa contra o Eume. Os de Mieres chegan con moita moral tras gañar 8-0 ó Porto de Burela, mentres os de Pontedeume perderon 0-5 co Arteixo, quedando sen ascenso.
Si ben é certo que os branquiazuis son o Campións de Liga e poderían rematar a temporada cun nada desdeñable doblete, podendo deixar aos azuis sen ningún título ao fin e ao cabo.
Así que despois do ascenso hai que deixar de lado as celebracións, e buscar un título que se resiste dende fai 31 anos, da primeira e única Copa de Ferrol gañada por un xuvenil pontés, que tampouco puideron disputar moitas dada a súa estadía durante 29 campañas en categorías superiores.
O equipo de Pontedeume xa gañou os dous encontros aos de Felipe Mieres esta campaña, 3-1 nun partido no que foron moi superiores, e un 3-4 na volta moi enganoso, cos dous últimos goles da remontada visitante nos que influiu o mal estado do campo con moitas charqueiras.
PREFERENTE
CD AS PONTES- UD ATIOS (DOMINGO 10, 18:00)
XUVENIL
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (A GÁNDARA. SÁBADO 9, 19:00)
Nova cortesía de Xose Ferreiro