PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 21-22 DECEMBRO
Vitorias do Infantil, Alevín A, ambos Benxamíns e Prebenxamín B
FEMININO
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES (7-1)
A Cultural Maniños deu boa conta do feminino pontés ó que goleou por 7-1, tanto da honra de Noelia Ameneiro. Novenas con 12 puntos, reciben ó quinto Perlío no inicio do 2019.
Xogaron Leti, Andrea, Indira, Noelia, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Paula Baamonde, Yara e Alba.
XUVENIL A
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (2-5)
Non tivo o día o Xuvenil A no derbi ante o Caranza, pese a que comezou gañando pronto cun tanto de Brais, pero dous tantos seguidos de Douglas e Iván poñían o 1-2 antes do descanso.
Pese a empatar no segundo período cun tanto de cabeza de Chema, viñeronse abaixo e caeron tres goles máis dos ferroláns por medio de Douglas, Cibrán, e Roberto, que puxeron o encontro imposible.
Os azuis pechan a primeira volta decimoquintos con 14 puntos e inician a segunda recibindo ó Atlético Coruña Montañeros, cuarto.
Xogaron Nesi, Carlos, David, Pablo, Breijo, Vilela, Jandro, Brais, Miguel, Matías, Álvaro, e despois Cristian, Fraga, Chema e Dani.
XUVENIL B
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (0-3)
Clara derrota do Xuvenil B ante o Mugardos, que resolveu no segundo tempo, no encontro que poñía fin ó 2018. Quintos con seis puntos inician o ano visitando ó San Sadurniño.
Xogaron Mario, Nono, Xan, Santiago, Antonio, Vicente, Elías, Alex Barro, Mateo, Xoel e Derick, entrando despois Antón, Jose, Brais, Mohamed e Jorge.
CADETE
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (2-4)
Derrota do Cadete 2-4 na visita do Portuarios, goles de Joan e Xose, que chegou a remontar un 2-4 no derradeiro tramo do encontro. Quintos con 12 puntos, retoman a competición visitando ó Narón B, segundo.
Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Mario Fraga, Jandro, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón, e despois Edgar, Adrián Bellas, Sergio Paz e Mateo.
INFANTIL
CD AS PONTES-FC ORTIGUEIRA (4-1)
O Infantil gañou 4-1 na tarde do sábado ó Ortigueira, con tres tantos de Israel Varela e un de David Cendán. Segundos con nove puntos visitan ó Racing San Pedro na volta do ano.
Xogaron Joel, Billal, Antón, David, Anxo, Carlos, Xose, Iago, Patricia, Diego, Yeray, Ángel, Bruno, Israel, Augusto e Nico.
ALEVÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (2-3)
CD AS PONTES B (DESCANSA)
O Alevín A perdeu 2-3 ante o equipo de Pontedeume, tantos de Nico Meizoso e Miguel Dopico. Novenos con tres puntos, próxima visita ó Cariño.
BENXAMÍN
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES A (2-6)
CD AS PONTES B-SD O VAL (7-2)
Triunfo 2-6 do Benxamín A en Pontedeume, tantos de Iván Rodríguez (2), Omar Penabad, Nacho Villasuso, Luis Fresco e Xandre Domínguez. Rematan o ano líderes do grupo dos mellores con 9 puntos, antes de recibir ó Ortigueira. Tamén gañou, e 7-2, un Benxamín B que chegou a remontar un 0-2 cos tantos de Íker Díaz (3), Xoel Galego, Yago Villasuso, David Otero e Mateo Rego. Rematan o ano terceiros con seis puntos antes de visitar ó líder Numancia.
PREBENXAMÍN
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (6-1)
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (5-3)
Derrota do Prebenxamín A, 6-1 ante o Numancia, tanto da honra de Brais Gómez. Terceiros con seis puntos descansan no reinicio. Moi ben o Prebenxamín B que voltou lograr outra vitoria, desta vez, 5-3 ante o San Sadurniño, que chegou a ir gañando 0-2 e 2-3, tantos de Ander Blanco (2). Daniel Peña, Pau Jorrin e Hugo Carballo. Rematan líderes con sete puntos e retoman a Liga visitando ó Animas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro