O As Pontes xoga en casa por segundo domingo consecutivo, recibindo nesta ocasión ó San Tirso, 18:00, en encontro arbitrado por Javier Gay Casal (Santiago).
O equipo de Abegondo comezou a tempada pasada nos postos baixos, pese a un rotundo 3-0 ós azuis, pero tras ascender o ano anterior, rematou salvándose folgadamente tras completar unha segunda volta máis que aceptable.
O conxunto coruñés conserva o bloque da campaña pasada, no que destaca o ex xogador azul, Álvaro Rey, que anotou 13 goles, e 12 marcou Fran. Unha das novidades no equipo é Zalo, que chega do ascendido Paiosaco, e o ex central pontés David Prieto.
Nesta campaña comezaron perdendo ante a sorprendente Sarriana, pero despois chegaron vitorias ante Estudiantil e Viveiro e un empate ante o Arzúa.
Pola súa banda o equipo local tentará facer valer o factor cancha para seguir sumando e poñer terra de por medio cos perseguidores nunha liga tan igualada. Tamén debutan o cadete e o feminino, ante o peor rival posible, a Cultural Maniños.
PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SAN TIRSO SD (DOMINGO 23, 18:00)
FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (SÁBADO 22, 17:00)
XUVENIL A
CD CONXO B -CD AS PONTES A (SÁBADO 22, 16:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 22, 18:00)
CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (SÁBADO 22, 10:00)
Nova cortesía de Xose Ferreiro