Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 OUTUBRO

O As Pontes xoga este domingo na Coruña contra o Montañeros

Complicada visita do As Pontes este domingo, 18:15, arbitrado por Nicolás Elespe Tireux (Santiago), no que será o derradeiro partido desta décima xornada, ó novo Atlético Coruña, ó que era o antigo Montañeros, que chegara a xogar na Segunda B.

O ascendido equipo herculino é decimocuarto con nove puntos, si ben só perdeu dous encontros no que vai de Liga, e unha ante un favorito coma o Noia (3-1).

Si ben é certo que só leva unha vitoria, e sufrida, 1-2 na casa do colista sen puntuar Estudiantil, suma seis empates e moitos ante equipos que se presumen da zona alta, Ribadeo (0-0), Dubra (1-1), Sarriana (2-2), Viveiro (1-1), ou Arzúa (3-3).

O equipo de Pepe Mariño, que ascendeu cos ponteses Elmer Bouza e Hugo Filgueiras (Chote este ano xoga no Betanzos), conta con futbolistas dun nivel contrastado no fútbol galego, como Herbert, o ex pontés Juan Pérez e Hugo Criado.

Tamén incorporou a Moure do Laracha, ou xente con experiencia na categoría como Pablo Vigo, Raúl Añón e Fernando (Xallas), Ramón (Arteixo), Juan Carlos (San Tirso), e Nacho (Boimorto). O seu máximo goleador é Javi Suso con 4 dianas.

O As Pontes buscará polo tanto unha difícil vitoria, principalmente para manter o pulso coa Sarriana e resto de equipos, e para igualar o récord de triunfos nun inicio ligueiro, e achegarse ó record total de once triunfos seguidos no transcurso dunha Liga.

Os únicos antecedentes ponteses co antigo Montañeros foron na 2006-07, en que precisamente o equipo coruñés quedara Campión, cun 3-1 aló e 0-0 no Poboado.

PREFERENTE NORTE
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF-CD AS PONTES (A GRELA 1. DOMINGO 28, 18:15)

FEMININO
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (A PEDREIRA. DOMINGO 28, 10:45)

XUVENIL A
CD AS PONTES-VIVEIRO CF (SÁBADO 27, 16:30)

XUVENIL B
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (PRADOS VELLOS. VENRES 26, 17:45)

CADETE
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (A PEDREIRA. SÁBADO 27, 17:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL (SÁBADO 27, 11:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN (SÁBADO 27, 10:15)
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (O CADAVAL. VENRES 27, 18:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SAN SADURNIÑO B CF (SÁBADO 27, 11:25)
CEDEIRA B SD-CD AS PONTES B (O BECO. SÁBADO 27, 11:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-AD MIÑO (SÁBADO 27, 12:35)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (OS PINARES. SÁBADO 27, 11:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios