O As Pontes visita este domingo ao Noia, en teoría o mellor plantel da categoría, cando menos o que ten máis fondo de armario.
Sorprendido polo fulgurante inicio do As Pontes, pero moito máis o da Sarriana, os noieses buscarán os tres puntos, para non descolgarse da zona noble.
Potencial teñen para elo, con tres xogadorazos arriba como o mítico Quintairos, Stefan e Nando, no medio Pablo Rivas e Jacobo Tato, que non poderán ser da partida, e Bendaña, en defensa Angelo, Rendo e Tachi, e Pajarillo na portería, entre outros moitos.
O equipo de Noia non está a ter un gran inicio de campaña, pero a súa calidade fai que vaian cuartos con 30 puntos, empatados co terceiro Arzúa. Con algo de sufrimento foi aguantando máis ou menos ben ata a décima xornada, pero nas cinco últimas firmou as súas tres derrotas.
Dubra (5-2), Viveiro (2-4) e Arzúa (3-1) deron boa conta dos de Posse, si ben é certo que foron o único equipo capaz de gañar á sorprendente Sarriana 1-0.
Pola súa banda o As Pontes buscará sumar para seguir o pulso coa Sarriana e manter moi lonxe ao gran favorito ó ascenso.
Nos encontros en San Lázaro sete vitorias pontesas, por tres empates e tres triunfos locais.
PREFERENTE NORTE
CF NOIA-CD AS PONTES (SAN LÁZARO. DOMINGO 2, 17:00)
FEMININO
CD AS PONTES-CD CARIÑO (DOMINGO 2, 12:00)
XUVENIL A
URAL CF B-CD AS PONTES (A GRELA 1, SÁBADO 1, 16:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-SCDR NARÓN O FREIXO (SÁBADO 1, 16:00)
CADETE
CD CARIÑO-CD AS PONTES (VENRES 30, 18:00)
INFANTIL
CD AS PONTES (DESCANSA)
ALEVÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR (SÁBADO 1, 11:00)
ÁNIMAS SCDR BE-CD AS PONTES B (A GÁNDARA 3, VENRES 30, 19:05)
BENXAMÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
CD AS PONTES B (DESCANSA)
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
CD AS PONTES B (DESCANSA)
Nova cortesía de Xose Ferreiro