PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-7 OUTUBRO

O As Pontes recibe este domingo ó Foz

O As Pontes recibe este domingo, 17:30, ó Foz, en encontro arbitrado por Edgar Soto Eiroa (A Coruña).

Os de Marco Roca buscarán os tres puntos para tentar distanciar aos seus perseguidores, pero o equipo lucense non será doado pese a ser recén ascendido, e ocupar a cuarta praza pola cola, con apenas catro puntos, que se resumen nun triunfo ante o colista Estudiantil, e un empate a semana pasada ante o Arzúa.

Os do Martínez Otero manteñen ó bloque da campaña anterior, reforzado co porteiro titular do Viveiro, Trullo, o medio Jacob, procedente do Ribadeo, e os dianteiros David Rodríguez, que xogara en Terceira co Ribadumia, e Xenxo, do Viveiro. Tamén destacan os medios Asier, que anotou 23 tantos a campaña pasada, e Ibán Gayol 14.

Ponteses e focenses son vellos coñecidos, aínda que dende o 2010, en que os azuis ascenderan a Terceira, non se voltaron a enfrontar. De 36 encontros xogados, os lucenses gañaron 16 por 14 os ponteses, se ben os duelos no Poboado, resumense en 11 triunfos locais, por 4 visitantes e 3 empates.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-CD FOZ (DOMINGO 7, 17:30)
FEMININO
CD AS PONTES-SCD A CAPELA (SÁBADO 6, 17:30)
XUVENIL A
BETANZOS CF-CD AS PONTES (O CARREGAL. SÁBADO 6, 16:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-SD RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 6, 11:30)
CADETE
CD AS PONTES-FC ORTIGUEIRA (SÁBADO 6, 17:00)
INFANTIL
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (VENRES 5, 18:30)
ALEVÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (O BECO. VENRES 5, 19:00)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL B (SÁBADO 6, 10:15)
BENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (VENRES 5, 18:45)
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS B (SÁBADO 6, 12:35)
PREBENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES A (RIO SECO. VENRES 5, 18:30)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (SÁBADO 6, 11:25)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios