Amigus Labs • Maker 18.5
Durante a xornada do pasado sábado argalleiros de todas a idades deronse cita no Lar de Endesa.
Dentro do Amigus Labs Kids os máis pequenos fixeron os seus primeiros proxectos con Arduino, nun taller de creación de prototipos. Dende semáforos, sensores de luz, ata a luz do coche fantastico foron algúns dos proxectos que realizarón nun obradoiro tanto teórico como práctico. Ademáis de elaborar os proxectos deseñados para o taller tiveron a oportunidade de modificalos e personalizalos cos compoñentes que tiñan; leds, sensores LDR, potenciometros, botóns,… e o máis importante as placas Arduino UNO. Gracias a colaboración entre ENDESA e Amigus Labs, os rapaces poideron programar as placas dende Arduino IDE utilizando os ordenadores de última xeración cedidos por ENDESA.
Dende a Coruña asistiu Brais Arias, un enseñero informatico, presentounos o seu proxecto de fin de carreira “QAS Sensorización da Calidade do Aire”, un deseño e prototipado dun sistema de monitorización da calidade do aire con tecnoloxías libres. Tivemos a oportunidade de coñecer o proxecto, falar de el, intercambiar opinións, xeitos de facer, experiencias… a verdade que foi unha boa oprtunidade para ver como o uso das tecnoloxías libres pode utilizarse nun proxecto real da universidade e seguramente convertirse nun produto que poida chegar a crear un proxecto empresarial. Tedes máis información do proxecto en https://qassensoring.wordpress.com
Ainda que o intentamos, o calor do mediodia e a complicación na instalación non nos permitiu montar a cúpula xeodexica que temos preparada, pero nos serviu para darnos conta dunhas modificación que temos que facer para que sexa máis sinxela de montar.
Seguimos cos proxectos de dotar de piloto autonomo o barco solar e iniciar o deseño do barco solar do ano que ven, así como os velocistas, o deseño da impresora 3D de gran formato e unha máquina arcade feita con pixels art.
Nesta ocasión gracias a Oliver tivemos de novo una zona de realidade virtual, onde puidemos deseñar pezas en 3d usando as Oculus Rift.
O noso próximo obxetivo é preparar a participación a Oshwdem (Open Source Hardware Demonstration) que se celebrará na Coruña, no museo Domus o 10 de novembro.
Dende Amigus queremos agradecer o Grupo de Empresa por ceder unha vez máis o local para organizar a Amigus Labs, así como a nova xerencia do Lar e a todas as persoas que participaron nestas xornadas, así como a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa e Radio Eter.