PARTIDOS DO FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O equipo feminino perdeu en Coruña ante o líder invicto Orzán por 5-0, tres goles da fenómena de 14 anos, campiona de España de 60 metros lisos, internacional española sub16 cun ano menos, Patricia Carballo, e dous de María Fernández. Xogaron por un As Pontes que nunca lle perdeu a cara ó encontro Leti, Yaiza (Patri Rochela 75´), Silvia, Jani, Lara, Laura (Antía 61´), Clara, Nato, Cris Moirón (Andrea 58´), Carlota (Sabela 75´), Carliña (Alba 58´). O encontro xogouse no Campo da Torre e arbitrou Israel Montes Montes. Siguen con 10 puntos, a semana que vén descansan, reciben ó Tordoia á seguinte, pra rematar a primeira volta na Pobra ante o Crocha (Xentileza de EMMA).
1_cdaspontes.jpg


1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
Primeira derrota do segundo equipo do CD As Pontes ante o segundo clasificado, o Miño, por 2-1. Son quintos, si ben é certo que con dous partidos menos, e a semana que vén terán un duro compromiso en casa co cuarto clasificado, o Bemantes.
Moi ben o xuvenil de Liga Nacional a pesar da derrota en Vigo ante o líder Celta por 2 a 1, gol do lateral esquerdo Ismael Prieto. Siguen cuartos pola cola con sete puntos e a vindeira semana reciben no Poboado a un gran Sárdoma vigués, sexto, que esta xornada gañou nin máis nin menos que ó Deportivo por 3-0.
Sensacional o xuvenil da Liga da Ría que a pesar de empezar perdendo gañou 6-1 ó Galicia de Mugardos, con unha gran segunda metade e algunhas boas intervencións de Alex. Javi celebrou a súa convocatoria coa selección con un hat trick, Capela, Marcos e Darío foron os autores dos goles. Son terceiros con 20 puntos e a semana que ven visitan ó complicado Cedeira, que conta con gran parte do equipo que o ano pasado gañou a Liga Cadete.
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
Os cadetes ponteses gañaron 2 a 1 ó Ortigueira e van quintos con 12 puntos, a semana que ven tentarán gañar en Ferrol contra o Portuarios. Marcou Lucho o gol da victoria.
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
O infantil descansou esta semana, feito que aproveitou o Narón para auparse ó liderato. Son primeiros con 18 puntos, por 15 dos ponteses cun partido menos. Partidazo o vindeiro sábado no Poboaodo ás 11:00, As Pontes- Narón.
O Alevín A gañou 3-1 ó Rápido de Neda B, goles dos seleccionados Andrés, Josiño, e Jorge. Tamén vai de segundo con 15 puntos, a tres do Eume e cun partido menos. Ó igual que o infantil, xogará o vindeiro sábado un partido decisivo, Eume-As Pontes.
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
Victoria contundente do Alevín B, 0-7 ó Canido, son séptimos con 7 puntos, e o próximo sábado reciben no Poboado ó Meirás. Marcaron Sergio (3), Eloy, Bruno e Diego Criado.
O Benxamín A gañou 7-0 ó Rapido de Neda e marcha sexto con seis puntos e un partido menos. A semana que ven xogará en Fene contra o Barallobre. Goles de Javi (2), Dani Fernández (2), Pablo, Alejandro e Chema.
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
Pola súa banda, o benxamín B perdeu 8-1 co Eume en Pontedeume, e son oitavos con tres puntos, a semana que vén reciben ó EFR Ferrol.
O Prebenxamín A gañou 7-0 ó Rápido de Neda, suma a súa primeira victoria e situase oitavo con tres puntos. Outro equipo que visita Fene o próximo sábado para enfrontarse ó Perlío. Goles de Joan (3), Javi (2), Jandro e Adrián.
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
1_cdaspontes.jpg
O Prebenxamín B vai mellorando e esta semana perdeu en Ferrol 5-1 co Portuarios. A semana que ven reciben ó Galicia de Caranza B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios