Penúltima sesión de tecnificación da FGTA neste 2012

Aproveitando a festividade deste día 1 de novembro a Federación Galega de Tiro con Arco celebrou unha nova xornada de tecnificación para facer o seguimento dos arqueiros e arqueiras galegos.
O pavillón municipal de Vilalba foi o lugar onde se convocou aos participantes para realizar as actividades tanto durante a mañá coma pola tarde.
Do Clube Sílex asistiron catro compoñentes. Na categoría infantil Cristina Castro e Borja Barro estiveron recibindo instruccións dos técnicos da federación. Daniel Castro, que é cadete de primeiro ano, tamén segue na súa progresión técnica. E por último o xuvenil Miguel Alvariño, que ten como meta máis importante o clasificatorio para definir o equipo nacional “A” para o 2013, e que se levará a cabo nos primeiros meses do vindeiro ano.
Queda por celebrar unha xornada de tecnificación antes de que remate o 2012, será o domingo 23 de decembro e nas datas previas indicará a federación galega o lugar onde se congreguen as rapazas e rapaces cos seus adestradores.
Arqueiros-Silex.jpg


Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios