PIÑEIRO CELEBROU AS SÚAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA DA VIRXE DO ROSARIO E SAN MARTIÑO E INAUGUROU A REFORMADA IGREXA PARROQUIAL

A parroquia xermadesa de Piñeiro celebrou por todo o alto, esta fin de semana, as súas festas patronais na honra da Virxe do Rosario e San Martiño.
Os actos festivos comezaron o venres cunha verbena a cargo de Superfama e a Discoteca Movil Play. A xornada máis importante foi a do sábado, coa bendición da nova igrexa parroquial por parte do bispo de Mondoñedo. A sesión vermú foi da orquestra Compostela, que voltou á verbena xunto a orquestra Ilusión. Na xornada do domingo repetiuse a misa e procesión e a música da sesión vermú púxoa a prestixiosa orquestra Los Satélites, na que estivera o lembrado Pucho Boedo na década dos anos cincuenta do século pasado. Nesta derradeira verbena houbo sorteo de mil euros.
Tamén se aproveitaron os festexos para realizar a inauguración da remodelada igrexa parroquial, acto no que estivo presente o bispo de Mondoñedo, Manuel Sánchez Monge, o alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, e numerosos veciños de Piñeiro e doutros lugares da comarca, que non se quixeron perder este importante acontecemento, polo que a igrexa quedouse pequena para acollelos e moitos tiveron que asistir á misa dende fóra. Oficiou o acto litúrxico o propio bispo, acompañado dos fregueses e o coro parroquial de Roupar.
Antes de dar comezo o acto litúrxico, o cura das Pontes resaltou o esforzo realizado para a restauración da igrexa e agradeceu a todos cantos aportaron a súa axuda, como a asociación veciñal de Piñeiro, os comuneiros de montes, bispado de Mondoñedo, concello de Xermade e Deputación de Lugo. Antes da procesión, o bispo da diocese bendiciu a renovada igrexa.
Os veciños e visitantes tamén puideron visitar a exposición de fotos antigas no local social da asociación veciñal, con máis de medio cento de fotografías nas que se reflicten escenas familiares dos veciños de Piñeiro de tempos pasados.
pineiro_2010_0001.jpg


A PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE PIÑEIRO
Parroquia de montañas e amplos e verdes vales, está situada no occidente do concello de Xermade limitando coas parroquias do Aparral (As Pontes) ó norte, Momán ó sur, Miraz ó leste e Bermui (As Pontes) e Xestoso (Monfero) ó oeste. Nos seus case dez quilómetros cadrados viven uns 150 habitantes distribuídos nos lugares da Aldea, A Aureana, A Casanova, A Cerveira, A Ladrela, O Outeiro, A Panda, A Pasadiña, A Pena, Os Rebuxentos, As Ribas, Sanche Grande, O Toutelo, A Vacariza e A Veiga, sendo os máis habitados Sanche Grande (23 habitantes), A Veiga (21) e Os Rebuxentos (20).
Pertence ó arciprestado de Xermade, que abarca oito parroquias deste concello (Burgás Cabreiros, Candamil, Cazás, Miraz, Momán, Piñeiro e Xermade) e as de Labrada (Guitiriz) e San Pedro e Santa María de Xestoso (Monfero). San Andrés de Lousada e San Pedro de Roupar pertencen ó arciprestado das Pontes.
Numerosos regos e regatos atravesan a parroquia, sendo os máis importantes os de Sanche, Mazandoi e Porto Vello e, agás nos vales e na vertente cara o río Eume, a súa orografía supera os cincocentos metros, sobresaíndo a Medoña de Mazandoi (665 m.) ó sur da parroquia.
A súa economía principal é a agricultura e a gandería, con varias explotacións de raza rubia galega e frisona.
A igrexa parroquial, situada na Ladrela, hoxe remodelada ten unha espadana de dous ocos e na súa fachada foi colocado un rosetón coa figura de San Martiño. Preto da igrexa, no cruce da estrada da Veiga, hai un interesante cruceiro.
Como dato histórico podemos sinalar que alá por 1843 dicían publicacións da época que a parroquia de Piñeiro contaba con 41 veciños e 216 habitantes comprendendo os lugares de Aldea, Antoa, Asqueiral, Baqueriza, Casanova, Casanova de Sanche, Cerbeira, Corredor, Fontelo, Framil, Ladrela, Marando, Outeiro, Paradiña, Pena, Pouda, Rebujento, Ribas, Sanche Grande, Sanche Pequeño e Veiga.
A súa distancia a Lugo era de 7 leguas, cinco e media a Mondoñedo, dúas a Vilalba e media legua a Xermade. O seu clima era frío pero san. A igrexa tiña como anexo a San Pedro de Miraz e o “curato” era de primeiro ascenso e padroado real e eclesiástico. A súa principal industria era a agrícola (centeo, patacas, algo de trigo e legumes) e cría de gando, principalmente vacún, así como caza de lebres e perdices e pesca de troitas.
O concello de Xermade tiña 586 veciños e 2.931 habitantes, dos que só 256 eran electores, 255 por seren contribuíntes e só un por ter capacidade para votar. Contaba con catro escolas ás que ían 105 nenos e tan só once nenas e estaba rexido por un alcalde, un tenente, seis rexedores, un síndico, cinco suplentes e nove alcaldes pedáneos.
Piñeiro, 1 de Agosto de 2010 (AF)
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
pineiro_2010_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios