Plan de normalización lingüística en borrador
Lendo culturagalega.org:
“A Xunta de Voceiros do Parlamento de Galicia recibirá hoxe [14/09/04] o borrador do Plan de Normalización Lingüística que a Consellaría de Eduación está a elaborar desde hai dous anos. Este documento, que xa se pode consultar a través da rede, incide especialmente na necesidade de tomar medidas no campo do ensino e inclúe pola primeira vez referencias aos inmigrantes e ás comunidades de galegofalantes no exterior. O texto apunta que pretende tirar o galego ‘da súa ocultación’ e nega a intención de ‘tirarlle a súa lingua castelá a ningún cidadán’.”
Fonte: culturagalega.org