Amigus
As Pontes

PREFERENTE. CD AS PONTES 3 – ATLÉTICO ESCAIRÓN 0

Sufrido triunfo dun As Pontes que sentenciou nos últimos minutos

Sufrido triunfo do As Pontes en O Poboado ante o último clasificado Escairón, a pesar do abultado do marcador, nun encontro decidido nos últimos minutos.

Os locais, a pesar de non xogar un gran encontro, levaron o peso do partido, pero os visitantes plantaron cara os 90 minutos. No primeiro período resaltar un tiro ao traveseiro de Dani Bellas (34´), o xogador máis participativo do cadro local, pois xa anteriormente un cabezazo seu era despexado con apuros por Marcos Macia (28´).

No segundo tempo os azuis foron a pola vitoria, e mediado o segundo acto, o recén ingresado Brais, internase por banda esquerda, e o seu forte disparo raso acaballe pasando por baixo do corpo a Macía establecendo o 1-0 (66´).

Pero os visitantes, que non renunciaban a nada, subiron liñas en busca de rabuñar un empate. Nunha xogada na que Moha marcha só acábase escorando e disparando frouxo a mans de Paco (85´). Anteriormente puido sentenciar Sergio, pero o seu remate marcha lamendo o pau (80´).

Non foi ata os últimos instantes que o cadro de Rafa Casanova sentenciou o encontro. O segundo tanto faciao o lateral Berto que se incorporaba ao ataque por banda esquerda e desde o borde da área lanzaba un balón curvado que se acaba colando pola escadra no segundo pau (87´). Curioso caso o do zagueiro ferrolán, que na súa terceira tempada no As Pontes suma tres tantos e os tres ante o cadro lucense, con dous no 0-5 da primeira volta.

Xa co tempo cumprido, o ex do Vilalbés Aitor Moreda anotaba de cabeza, libre de marca, tras saque de córner, o 3-0 definitivo (93´), nunha xogada na que xa anteriormente puido haber anotado Javi Rey.

A continuación o colexiado sinalou o final. O As Pontes segue na novena praza, xa con 16 puntos, antes do derbi co Santaballés. Segundo encontro oficial no Poboado co Escairón, tralo 5-1 na 2017-18.

CD As Pontes. Paco, Criado, Berto (David 88´), Vilela (Edgar 55´), Montes, Traba (Iván 40´), Jaime (Brais 55´), Toni, Moreda, Sergio, Bellas (Rey 78´).

Atlético Escairón. Marcos, Rubén, Arca, Arias, Diego, Aitor (Mawdo 23´), Felix (Antonio 88´), Óscar, Moha, Toto, Chave.

Goles: 1-0, Brais (66´), 2-0, Berto (87´), 3-0, Moreda (93´).

Árbitro: Rodríguez Munín (Santiago). Auxiliado por Castro Castro e Vilas Lorenzo. Amarelas a Montes e Jaime.

Incidencias. Campo de Ou Poboado. Uns 50 espectadores en tarde fría e chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios