PREFERENTE NORTE. AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL-CD AS PONTES
Primeiro partido de Liga do As Pontes en Pontevedra
O As Pontes visita este domingo, 19:00, o Campo de San Martiño, en encontro arbitrado por Antonio Domínguez González (Vigo), para xogar co Estudiantil da Estrada, o único conxunto pontevedrés da categoría, este ano xunto co ascendido Agolada.
O equipo pontevedrés é completamente novo con respecto á campaña pasada, na que rematara décimo, da que só queda o defensa Denis.
De feito aínda están a facer as súas últimas incorporacións estes días nun plantel de momento curto. Dos xogadores incorporados no verán, un ven de Preferente, dous proceden da Primeira Rexional, sete de Segunda Autonómica, cinco da Terceira, e un remata ciclo xuvenil.
O As Pontes chega en principio cos seus vinte efectivos, e tras sete partidos de pretemporada, por segundo ano consecutivo, todos a domicilio, nos que sumou catro triunfos, Betanzos (0-3), Mugardos (2-3), Narón (1-2), Maniños (1-2), dous empates, O Val (1-1) e Laracha (0-0), e unha derrota ante o Somozas (3-0).
Nova cortesía de Xose Ferreiro