PREFERENTE NORTE. ATLÉTICO ARTEIXO 1 – CD AS PONTES 0

Terceira derrota do cadro pontés ante un Arteixo que sacou petróleo dun inocente penalti

O As Pontes deixou escapar tres valiosos puntos no encontro disputado na mañá de hoxe ó caer en Ponte dos Brozos (1-0), como xa acontecera no Conco ou no Monte.

A derrota foi incluso máis dolorosa, pois o equipo coruñés só levaba un triunfo, e nun primeiro tempo no que o conxunto local apenas se defendeu, chegou o único tanto do encontro no seu primeiro disparo a porta neses 45 minutos, ademais, nun penalti feito nunha xogada con pouco perigo.

Eran os azuis os que dominaron os primeiros minutos, aínda que o cadro local estaba ben pechado atrás, e apenas se xeraron ocasións claras. Resaltar, un balón que golpea Roberto antes de que salga por liña de fondo e pasease pola área local sen atopar rematador (9´), un disparo de Dani dentro da área (21´), un gran pase de Alex ó que non chega Eloy (24´), ou un balón que lle cae morto a Quique, pero escurrese cando vai rematar (26´).

Na primeira xogada na que se aproximaban os locais, cun xogador escorado, e apenas sen compañeiros nin opción de remate, Roberto fixo un inocente penalti, desequilibrando o xusto a Porto como para que o colexiado sinalase os 11 metros e Pablo Naya puxese o 1-0 que ó final resultou definitivo (28´).

Este tanto descontrolou ós azuis, e de aí ó final, e pese a que levaron a voz cantante, o encontro voltouse máis alterno. Antes do descanso destacar un disparo forte de Quique, que chapa Alex (33), e unha perda de balón de Roberto, que deixa completamente só a Porto, e sorte que salvou Paco (44´), que tivo un choque fortuito con un rival e tivo que ser cambiado ó descanso.

No segundo tempo saíron os ponteses a polo empate, aínda que non coa mesma intensidade, pois xa pesaban os minutos, e os locais seguían ben pertrechados. Tivo unha ocasión moi clara Pardo, que dentro da área, rematou a rentes do pau cando casi se cantaba o gol (59´).

Despois, nunha xogada na que se marchaba o xogador de Ortigueira faille unha entrada por detrás Alex Montes, que o árbitro castiga con amárela. Salvouse da vermella porque o acompañaba un compañeiro preto do dianteiro pontés, aínda que mereceu ser expulsado pois desentendeuse do balón. Colmo de males, na falta ó borde da área lanzou Bossa ó poste (62´).

Nos últimos minutos, houbo ocasións polos dous bandos, nunha contra chegou completamente só Fernando, e salvou Kiko (75´), e preto do final, controla Carballeira dentro da área, dispara ó primeiro pau, e chapa Alex (88´).

Non houbo tempo para máis e os azuis, con 13 dos 24 puntos disputados, son oitavos, antes de recibir ó Boimorto, equipo que saiu dos postos de descenso tras vencer ó San Tirso, que pasa a ser colista co seu único triunfo ante o As Pontes.

O Paiosaco, equipo sólido e sen trapés, xa semella inalcanzable na primeira praza con 20 puntos. Pola segunda pelexan de momento, Sofán (16), Arzúa e Dubra (15), Polvorín, Ordes e Ribadeo (14), e As Pontes, Castro e Dumbría (13).

Segunda vitoria do Arteixo na casa, por dúas do As Pontes. No Poboado, dous empates na Terceira División e un 3-0 estando na Preferente.

1 ATLÉTICO ARTEIXO. Álex López, Isi, Gabi, Mauro (Dani Bea m.78), Nano, Dapo, Porto (Geri m.66), Pablo Naya, David Castro, Otero (Manjarín m.86), Álex Montes (Santi m.72).

0 CD AS PONTES. Paco (Kiko 46´), Adrián Martínez (Carba 72´), Alex, Roberto, Dani, Chis, Quique (Ramos 55´), Bossa, Eloy (Adrián iglesias 72´), Fidi e Pardo.

Goles: 1-0, Pablo Naya, de penalti (28´).

Árbitro: Borja Allo Casal (Vigo). Auxiliado nas bandas Elena Casal e Javier Figueiredo. Amarelas a Nano, Montes, Geri, Fidi e Chis.

Campo e incidencias: Ponte dos Brozos, uns 200 espectadores, en mañá soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios