RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 13-15 OUTUBRO

Longa semana no que varios equipos xogaron encontros o xoves festivo ademais dos partidos do sábado.

XUVENIL
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (0-6)
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (6-0)

Contundente goleada o xoves do Xuvenil en Mugardos, 0-6. Goles de Cazás, Carlos e Pablo no primeiro tempo, e Xose, Alex Barro, e outro de Carlos no segundo.

Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Carlos, Chema, Cazás, Josiño, Andrés e despois Alex Barro, Jose, Derick e Antón.

Na xornada deste sábado repetiron marcador ante a Cultural Maniños, equipo ó que venceran hai apenas catro meses, na Final da Copa Afaco, 1-8. Tres goles de Pita, dous deles ó borde do descanso, e outro de Sergio sentenciaban o encontro co 4-0 no primeiro tempo.

No segundo redondearon con outro tanto de Cazás, e o cuarto de Andrés, que se aproveitou dunha indecisión visitante dentro dá área, para facer un póker e establecer o 6-0 definitivo.

Xogaron Lino, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Carlos e Andrés, entrando despois Jose, Alex Barro, Meidán, Derick e Jorge.

Os de Felipe Mieres son líderes sólidos con 21 puntos, e de gañar ó Rápido de Neda, sétimo con 9 puntos, na vindeira xornada, case sentenciarían a súa presenza nas semifinais de Copa.

CADETE
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (4-3)
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES (1-0)

Vitoria do Cadete o xoves nun partido moi emocionante ante o Portuarios, ó que venceron 4-3.

Comezaron adiantándose con tanto de Xan, e pese a que os ferroláns remontaron ata o 1-2, antes do descanso empatou Nono. Nos últimos minutos de partido Vicente poñía o 3-2, e pese a que Javier empataba no último minuto, Eyob anotaba o 4-3 que daba o triunfo no tempo de desconto.

Xogaron Juan, Adrián, Xavi, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan e despois Samuel, Xoel, Edgar, Mohamed e Iván.

Xa este sábado perderon 1-0 en Ferrol ante o líder Ánimas, equipo ó que lle valeu un gol de Ernesto no inicio do encontro para sumar os tres puntos.

Xogaron Juan, Adrián, Xavi, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan, e despois Andrei, Alejandro, Xoel, Dani e Mohamed.

Son cuartos con 18 puntos, e na vindeira xornada reciben ó CD Narón A, terceiro con 21.

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (1-3)

O equipo Infantil venceu este sábado 1-3 ó Racing San Pedro, e terceiros con 12 puntos, reciben ó Ánimas, segundo con 13.

Xogaron Mario Regueiro, Anxo, Xose, Íker, Carlos, Mario Fraga (1), Eloy (1), Hugo, Sergio, Ángel, Luis, Diego, Pablo, Iago, Xoel (1) e David.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES B (2-2)
UD CEBARCA-CD AS PONTES A (0-10)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (4-1)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO B (0-12)

Tras tres triunfos consecutivos, primeiro empate do Alevín A este luns 2-2 ante o Numancia B. Comezaron gañando 2-0 cos tantos de Carlos Villasuso e Anxo Blanco, pero os de Ares acabaron empatando.

Xa este sábado golearon 0-10 ó Cebarca, goles de Anxo Blanco (2), Antón Varela (2), Israel Varela (2), Xandre Fernández (2), Destaw Pellón e Sergio Vázquez.
Terceiros con 13 puntos, visitan ó líder Galicia de Caranza, que ten 15.

Derrota do Alevín B 4-1 ante o Portuarios o xoves, tanto de Miguel Dopico, e este sábado caeron 0-12 ante o Eume B. Aínda sen puntuar visitan ó líder Galicia de Mugardos B.

BENXAMÍN
EFR FERROL B-CD AS PONTES A (0-5)
CD AS PONTES A-CD NARÓN (5-2)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES B (4-3)

Cuarto triunfo do Benxamín A, nesta ocasión 0-5 ante o Racing de Ferrol B, goles de Xalo González (2), Íker Ares, Almahdi Belhaj e Alexander Venancio.

Xa o sábado venceron 5-2 ó CD Narón, goles de Almahdi Belhaj (2), Íker Ares, Xalo González e Nicolás Meizoso, co que seguen líderes con 15 puntos, empatados co Caranza B, visitando a semana que vén ó Val, que ten 12 puntos, pero tamén conta os seus encontros por vitorias.

O Benxamín B perdeu 4-3 ante o Rápido de Neda, goles de David Maseda, Xandre Domínguez e un en propia meta. Aínda sen puntar, visitan á Cultural Maniños B, que ten un punto.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (7-3)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (5-0)

Vitoria do Prebenxamín A 7-3 ante o Rápido de Neda, con catro goles de Íker Díaz e tres de Xoel Galego. Segundos con nove puntos, empatados co Ánimas, a vindeira semana visitan ó Cedeira B, aínda sen puntuar. O Prebenxamín B pola súa parte perdeu 5-0 ante o Cedeira, e sextos con tres puntos, descansan na vindeira xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios