Nota de prensa XPAP: Veciñas de As Pontes reclaman a apertura ao tráfico da Avda Castelao

Xunt@s por As Pontes faise eco das queixas de numerosas veciñas e veciños en relación aopeche da Avenida Castelao.

Esta estrada, vía principal de comunicación da vila, atópase pechada ao tráfico rodado a causa das obras de remodelación. O malestar veciñal trae causa do feito de que dende fai máis de 15 días o firme está rematado, non hai obreiros traballando e non se entende por qué non se abre a circulación.

Ás queixas dos habitantes e comercios da zona súmase o malestar dos veciños de As Pontes, pois esta é unha vía de comunicación principal vertebradora do tráfico rodado da vila, polo que o seu peche causa incomodidades a todas as usuarias.

Dende esta plataforma, e dado que parece que as obras do firme están rematadas, propoñemos que se proceda á apertura ao tráfico da Avenida Castelao e se permita a normal circulación de vehículos; ao igual que se permitiu noutras rúas da vila que aínda están sen finalizar.

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios