Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes pola mellora da atención sanitaria

A plataforma veciñal convoca unha concentración para este luns día 16 de outubro, dende as 9:00 ata as 11:00h, ás portas do Centro de Saúde de As Pontes.

Nos últimos meses vimos observando cómo a situación no noso centro de saúde local se ven deteriorando a niveis alarmantes. Non reposición de baixas nin vacacións do persoal, incremento das listas de agarda, deficiencias na atención a domicilio, falta dos medios técnicos precisos para unha correcta atención, supresión de especialidades, son algúns dos problemas que os veciños e veciñas de As Pontes veñen soportando nos últimos tempos.

Dende o centro de saúde anímase á veciñanza a presentar reclamacións en protesta polas carencias que sofren no día a día.

O grupo municipal de Xunt@s por As Pontes denunciou a situación no último pleno, cuestión na que coincidiron os restantes grupos presentes (PSOE e BNG). O equipo de goberno respostou que falarían co Conselleiro de Sanidade para abordar este tema.

Sabemos que os recortes aplicados polo Partido Popular afectan a todo o territorio galego, recortes que se ven agravados coa tramitación do anteproxecto da Lei da Saúde que se debaterá a vindeira semana no Parlamento.

Neste sentido, En Marea preguntará no Pleno que se celebrará o martes e o mércores a qué se deben os recortes nos servizos máis básicos e esenciais para a cidadanía, como o é a sanidade. A xente non entende por qué non hai médico cando o precisa, por qué non se cubren as baixas nin as vacacións, por qué se quitan especialidades, por qué se ten que desprazar varios quilómetros para recibir unha atención sanitaria de calidade.

Ante esta situación, a plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes decide convocar unha concentración para o vindeiro LUNS DÍA 16 DE OUTUBRO, DENDE AS 9:00 ATA AS 11:00H ÁS PORTAS DO CENTRO DE SAÚDE a modo de protesta polo deterioro da atención sanitaria en As Pontes.

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios