Con un empate 0-0 pechou o As Pontes unha mala temporada na que conclúe decimo séptimo, so por riba do Eume Deportivo, equipo co que aínda así perdeu nos dous derbis.
A campaña resúmese en apenas cinco vitorias de 34 partidos, tres delas nas catro primeiras xornadas, por 15 empates e 14 derrotas, con 50 goles en contra por 35 a favor.
Xogaron neste derradeiro partido, Jurado, Criado, Xoel (Xandre 63´), Samuel, Cayetano, Dani, Manso (Xabier 74´), Javi, David (Rivera 74´), Rafa (Vila 82´), Marcos.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro