PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – RIBADEO FC 1
Inxusta derrota do As Pontes no último minuto
Derrota dolorosa do As Pontes na tarde de hoxe ante o Ribadeo, que coma na ida, voltou gañar no último minuto.
O segundo período foi de total dominio local, e sen ter ocasións moi claras, si cabe resaltar dous lanzamentos por riba de Bellas, unha cabezada de Brais por riba do longueiro, un man a man de Moreda e outro de Lucki co gardamallas visitante, ou un balón que se pasea pola área pequena que termina en remate bombeado de Sergio.
O Ribadeo buscaba as contras, sen apenas perigo, pero foi expulsado Criado no desconto, e ir todo o equipo local cara arriba que quedou a retaguardia desguarnecida e no último suspiro anotou completamente só Santi ante Paco, que salvara outra antes, e nada puido facer.
O equipo da Mariña fixo o Agosto esta campaña co pontés, pois xa na ida, gañando todo o encontro 0-1, ao quedar cun máis empataron co tempo cumprido e logo gañaron no último minuto.
De feito esta é a segunda vitoria en As Pontes do Ribadeo, por doce do As Pontes. As dúas últimas visitas, 5-0 na 2017-18 e 4-0 na 2018-19.
Corenta anos habería que remontarse para a única vitoria do Ribadeo no Poboado, 1-2 na Preferente da 1981-82. Último partido da primeira fase ante o Residencia de Lugo.
CD As Pontes. Paco, Criado, Berto, Iván, David (Toni 62´), Traba, Lucki, Jaime (Moreda 62´), Brais (Pájaro 69´), Vilela, Bellas.
Ribadeo. Diego, Proxi, Xairo (Antón 80´), Roi, Hermida, Santi, Iván (Matelo 66´), Jacob (Samu 90´), Cris, Andrés, Núñez.
Goles: 0-1, Santi (94´).
Árbitro: Beatriz Cuesta Arribas (A Coruña). Auxiliada por Gil Soriano e Costas Rodal. Amarelas a Santi, Xairo, Antón, Vilela. Expulsou con vermello directo a Sergio Criado (92´).
Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro