RESULTADOS DO CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE INVERNO

Castrelo de Miño/OURENSE 26/02/2022

O pasado domingo día 26 celebrouse no encoro de Castrelo de Miño (Ourense)  o campeonato galego de inverno para as categorías Veterán , Senior e Xuvenil ca participación  de   oito palexeir@as  ponte s @s que acadaron os seguintes resultados:

  • Na categoría veterán Antonio Polo Campello proclamouse Campeón Galego sobre a distancia de 5000 m e Ernesto Gancedo Herreras acadou o 9º lugar.
  • Na categoria muller xuvenil Celia Duran Iglesias acadou o 6º lugar, Ada Fernández Pita clasificouse en 10º lugar e Inés Domínguez López no 19º posto.
  • Na categoría home xuvenil o padexeiro Antón García Bellas acadou o 31º posto, Pablo VispaliaDíaz no posto 36º a pesar dun volco na segunda volta e Lucas López Caaveiro no posto 66º na súa primeira regata.
  • Na clasificación xeral por equipos as damas xuvenís acadaron o 3º lugar.


Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios