Bo empate do As Pontes ante o líder Noia no partido disputado na tarde deste domingo no Poboado.
Ambos goles chegaron nos primeiros minutos e tras saque de córner, un primeiro visitante desafortunado, nun remate entre o ex azul Adrián Maroñas e un xogador local, e un segundo cabeceado por Dani ao fondo das mallas.
Caso curioso o do As Pontes que foi quen de sacar catro puntos ante o líder, o que compensa sufrir a única vitoria do Eume na Liga. Cuartos pola cola con 20 puntos, toca recibir ao Atlético Montañeros, sexto con 31.
Estivo polo Poboado o mítico dianteiro burelao portugués Adriano, que xogara no As Pontes a temporada do ascenso a Terceira, 2009-10, e tamén no Fabril, Langreo, Bergantiños, Viveiro, Vilalbés, Arteixo, Betanzos ou Ordes, entre outros.
Xogaron polos de Mariño; Pita, Esteban, Maxi, Traba, Jandro (Cayetano 69´), Echavarri (Michel 80´), Dani, Manso (Samuel 89´), David (Vilela 69´), Rafa, Marcos.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro