Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CSD ARZÚA 0

Triunfo importantísimo dun As Pontes que desperdiciou moitas ocasións

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triunfo vital do As Pontes ante o terceiro clasificado Arzúa, o que aínda o mantén con opcións ao remate desta primeira volta. Os de Marco Roca adiantáronse cun tanto de cabeza de Roberto tras saque de falta de Bossa (9´), ao que respondeu o cadro visitante tras un mal despexe local, rematando Dani Méndez por alto (11´).

Despois dun pase dende campo propio, Pardo gañalle a partida aos dous centrais, pero quere sorprender, rematando dende moi lonxe e atallando sen complicacións Tasende (12´). Tras un centro chut de Pardo que marcha por riba do longueiro (22´) chegaron grandes ocasións para o equipo local, e así, nun balón que se pasea pola área, acaballe quedando que nin pintado a Quique que se incorpora pola dereita e remata fóra (27´).

Noutra xogada de banda a banda, boa ocasión para Rego, que dubida para rematar, cedella atrás a Martínez, que remata por alto (33´). A mellor ocasión de todo o partido chegou nun gran pase de Criado para Quique, que remata, salva o porteiro como pode, e o balón caelle morto a Fidi a medio palmo e con toda a portería, pero importunado por un defensa acaba mandando o balón fóra polo lateral (35´).

Outra gran ocasión chegou tras outro bo pase en profundidade de Criado para Eloy, e o remate do dianteiro coruñés sacao coa manopla Tasende milagreiramente (43´). Logo foi Roberto quen voltou a rematar de cabeza e despexa Tasende (44´), e un centro de Eloy quédalle un pouco atrás a Pardo en boca de gol (45´).

Ante o vendaval pontés tan só reseñar que nun mal despexe local, rematou dende fóra da área Miguel, e o seu forte disparo saiu por moi pouco (41´). Tralo descanso seguía a mesma tónica, e tras dous centros, un dende cada banda, o balón pasease pola área visitante sen atopar rematador (49´ e 50´).

Un centro de Fidi dende banda esquerda con marchamo de gol cabeceao Eloy cara atrás gañándolle a partida ó porteiro, saíndo o balón un palmo por riba do longueiro (55´). A esa ocasión seguiulle un centro chut de Roberto dende moi lonxe que marchou preto do escuadro (58´), e unha internada de Quique por banda dereita con remate a rentes do pau (66´).

Foi tras unha moi boa xogada do equipo local que dende o borde da área rematou Bossa ó poste (76´), i é que non había maneira de lograr o segundo. Por contra, houbo que sufrir ata o final, porque a pesar dos escasos remates visitantes, nalgunha que outra ocasión chegaron con certo perigo á área local solventando a situación a zaga nunhas ocasións e noutras Paco.

Pero incluso aínda centrados en defender a ventaxa seguía sendo o conxunto local o que chegaba con máis perigo nas contras, e a última do encontro foi para Bossa, que dentro da área rematou por alto (93´)

Sen tempo para máis o As Pontes segue cuarto con 34 puntos pero xa a só tres do Arzúa, e a catro do Polvorín, que perdeu hoxe. Segue estando a dez o intratable Paiosaco, que gañou en Ordes, conseguindo medio ascenso.

Tampouco debe descoidar o equipo pontés os rivais de atrás, e así o Ribadeo (32) gañou claramente, non así o Castro (33) e o Arteixo (31), que o fixeron nos últimos minutos, polo que non se puido poñer terra de por medio. O Dubra (29) pola súa banda, empatou en Boimorto 1-1.

Na seguintes xornada iniciase a segunda volta e os azuis deberán buscar os tres puntos ante o ascendido o Dumbría, antepenúltimo con 20 puntos, e que hoxe gañou 1-2 ó San Tirso. Na ida, no Conco, 2-1.

CD As Pontes. Paco, Criado, Roberto (Alex 74´), Rego, Dani, Adrián, Quique (Maroñas 69´), Bossa, Eloy (Iglesias 79´), Fidi (Ramos 84´), Pardo.

CSD Arzúa. Tasende, Carril, Rucho, García, Oregón (Parrado 84´), Dani, Miguel, Enjamio (Suso 78´), Diego, David, Manu.

Goles: 1-0, Roberto (9´).

Árbitro: Manuel Ángel Rodríguez Castiñeiras (Vigo). Auxiliado nas bandas por González Santos e Comesaña Veiga. Amarelas a Eloy, Enjamio, Rucho e Diego.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores en tarde moi chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios