PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – NOIA CF 0
Partido este domingo á tarde ante o segundo clasificado
Triunfo moi importante o deste domingo do As Pontes ante o Noia 1-0, equipo que marcha segundo clasificado, sumado ao bo empate ante o líder Sarriana do pasado sábado, tristemente non contrastado na visita ante o virtualmente salvado equipo de O Pino o xoves.
Sen moitas ocasións no primeiro período destacar unha de Teira que marchou preto da escadra (28´) e outra de Julián que libre de marca mandou balón por riba do longueiro (43´).
Pero no inicio do segundo período anotou o central Dani Montes nunha xogada a balón parado e aguantaron o marcador os locais durante toda a segunda metade logrando tres valiosos puntos. Son quintos pola cola con 35 puntos antes de visitar ao Victoria de Coruña, décimo con 45.
CD AS PONTES. Valentín, Criado, Tijan, Martínez, Montes, Traba, Rogerio (Fernández 76´), Felauto, Luis (Xoel 85´), Jaime (Samuel 90´), Brais (Jandro 46´).
NOIA CF. Bouzón, Allo, Lugo, Elier, Rivas (Carballeira 46´), Piñeiro (Nando 77´), Carro (Anxo 58´), Teira (Juan 68´), Castiñeiras, Julián, William (Hugo 77´).
Goles: 1-0, Dani Montes (47´).
Árbitros: Montes Villamil (Pontevedra). Auxiliado por González Piñeiro e Gómez Cerqueiro. Amarelas a Martínez, Rogerio, Franco, Rivas, Teira, Anxo.
Incidencias: Campo de O Poboado en tarde calurosa. Uns 150 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro