Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SIGUEIRO FC 1

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

Reparto de puntos no encontro deste domingo soleado no Campo do Poboado entre As Pontes e Sigueiro.

Comezaron adiantandose os visitantes tras un disparo axustado ao pau de Iván Calvo dende o borde da área (17´).

Pero antes do descanso empatou o equipo azul nunha gran incorporación de Jandro por banda dereita, que a trompicóns acaballe diexando o balón a Tijan que fusila ao porteiro (32´).

No segundo tempo ataques para un e outro equipo sen chegar a culminar nos últimos metros, pero a mellor ocasión sen dúbida foi nun pase de Rogerio a Tijan que se interna por banda esquerda e o seu forte disparo vai ao corpo do porteiro.

Sen tempo para máis reparto de puntos que non sirve a ningún dos dous equipos, pero satisface máis aos visitantes.

Os azuis son cuartos pola cola con 31 puntos antes de visitar ao Betanzos, terceiro.

CD AS PONTES. Valentín, Criado, Mascareña, Martínez (Brais 70´), Montes, Traba, Felauto, Alberto, Luis (Rogerio 53´), Tijan, Jandro (Jaime 64´).

SIGUEIRO FC. Isra, Anxo (Alberto 72´), Mario, Borja, Axel (Ozores 72´), Santi (Guille 86´), Jorge, Luis (Óscar 59´), Iván (Cristian 86´), Hugo, Manu.

Goles: 0-1, (17´), 1-1, Tijan (32´).

Árbitro. Pérez Rodríguez (Lugo), auxiliado por Méndez López e Lagos Yoseph. Amarelas a Felauto, Rogerio, Montes, Santi e Borja.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios