Este domingo á mañá celebrouse a tradicional Carreira de San Xosé pontesa despois da pandemia, e fíxoo con moi bo tempo. A proba ademáis da carreira popular facía de Campionato Galego de 5 kilómetros.
Na carreira absoluta impuxeronse Jorge Puig (Santiago) cun tempo de 14:57, e Zoe Cardin (Celta) con 17:21.
Segundos foron Víctor Puyuelo (Vicky Foods) e Sandra Mosquera (Comesaña), e terceiros Manuel Lorenzo (Pontevedra) e Zelinda Spencer (Oviedo).
Mellores ponteses foron Esteban Díaz, quinto, e sensacional o subcampión mundial junior de piragüismo Daniel Feijoo, noveno.
O mellor Máster 35 foi precisamente o pontés Esteban Díaz (Narón) e Zelinda Spencer (Oviedo), Máster 45, Emilio García (Compostela) e Rebeca Soto (Narón), e Máster 55, Jose González (Narón) e Loli Señor (Beny Gym).
Nas categorías máis pequenas os vencedores foron, en Sub18, Lucas Pena (Millaraio) e Andrea Díaz, en Sub16 Óscar De La Torre (Marín) e Eva Formoso (Triki Team), e en Sub14 o local Ariel Soto (Olympo) e Lara Fernández (Ferrol).
En Sub12 os gañadores foron Miguel Benasach (Ferrol) e Alba Figueira (Ferrol), en Sub10, Nicolás Amado (Sada) e Luna Seoane (Ferrol), e en Sub8, Esteban Rioseco (Ferrol) e a local Mireia Díaz (Olympo).
Nova cortesía de Xose Ferreiro