Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – CLUB LEMOS 2

Partido este domingo á tarde no Poboado

Continua sen gañar o As Pontes, que xa é terceiro pola cola, e si ben polo menos non perdeu nas tres últimas xornadas, ben é certo que leva nove partidos sen coñecer a vitoria, aproximándose aos rexistros da primeira volta da campaña pasada.

No día de hoxe tívoo moi cerca, pois pese a adiantarse os lucenses cun golazo pola escuadra de Diego Torres (30´), tras un penalti a Cayetano anotaba Michel (36´), e xa no segundo período, nunha xogada rocambolesca, un mal saque do gardamallas visitante rebotaba nun xogador pontés e aproveitaba Dani para marcar por alto coa meta desguarnecida, co que se poñía por diante o cadro azul (47´).

Pero igualou no último cuarto o mítico Mauro Busi (76´), e os locais son terceiros pola cola con 14 puntos, cunha trascendental visita ao Dubra, dous postos e un punto por encima.

Xogaron Pita, Criado, Mascareña, Coello (Javi 66´), Castilla, Traba, Vilela (Jandro 84´), Cayetano (Echavarri 76´), Dani, Manso (Vila 66´), Michel (Rivera 84´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios