Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 2 – CP CASAS 6

Partido este mércores á mañá no Pavillón Municipal

Este mércores xogaba o seu partido adiantado á 13ª xornada o equipo pontés do Lago e facíao recibindo ao agora segundo clasificado Casas lucense.

O equipo visitante marchaba oa descanso con 0-3, pero trala reanudación os hoxe dirixidos por Rober Paz chegaron a poñerse 2-3 cos tantos de Diego e Adrián.

Pero pronto conseguían os visitantes o 2-4, e no tramo final con porteiro xogador os locais o marcador íase ao definitivo 2-6.

Caras coñecidas por certo nos visitantes coma o adestrador do Esteo, ou o seu ex xogador, Adrián Varela.

Decimocuartos con 12 puntos, próxima visita ao Concello de Begonte, empatado no segundo posto co Casas con 26 puntos.

Xogaron Kevin, Borja, Jacobo, Diego, Adrián; Pelu, Mario, Pablo, Dani, Manuel e Sergio.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios