Este mércores á mañá disputaronse os cuartos de final da Copa de Ferrol de Cadetes que enfrontaban no Campo Artificial ao As Pontes co Caranza B.
Impuxeronse os locais, tras adiantarse cun tanto de Xavi, empatar Fabio, e conseguir Pablo o segundo e definitivo 2-1. Tamén clasificaron Portuarios, Ánimas e Perlío.
Tamén contra o Caranza B, pero a domicilio, se impuxo o Xuvenil a penaltis (3-4), tralo 1-1 reglamentario, nun torneo no que tamén clasificaron Meirás e Eume.
Non correu a mesma sorte o Infantil, que perdeu 6-1 contra o Ferrol B, que clasificou xunto ao Cedeira, habendo eliminatorias pendentes nestas dúas últimas competicións.
Nova cortesía Karlos Basoa
Nova cortesía Karlos Basoa