PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – ORDES SD 2

Sufrido triunfo dun As Pontes ó que lle empataron no último minuto e acabou gañando no desconto

Novo paso adiante de cara ó ascenso dun As Pontes que conseguiu tres valiosos puntos no último suspiro nun encontro no que pese a non ser o arrollador do inicio de Liga, mereceu gañar sobradamente pero desperdiciou moitas ocasións. 

Nun primeiro tempo moi disputado, xa tivo a primeira ocasión no inicio o equipo local nun despiste da defensa visitante no que Criado non está atento (1´). Sen embargo puideron adiantarse os verdes nunha xogada na que Roi se marcha completamente só pero acaba salvando coas pernas Paco (10´). Responde Carlos, que cabecea por riba do longueiro (11´), pero nun mal despexe de Rego, dispara novamente Roi e saca Paco coas luvas (12´). 

Ata que chegou o primeiro gol local, tras un maxistral pase de Bossa, que controla moi ben Carlos e acaba marcando de tiro cruzado (15´). E puido chegar un segundo tras unha cabezada dentro da área do propio xogador que saca Berto (17´) ou tras unha falta que lanza Bossa e acaba desviando o balón o mesmo protagonista (22´).

Pero foi nunha contra visitante finalizada con disparo, que Paco consigue desviar o balón, pero cae nas pernas de Roi, que chegando completamente só dende atrás mandao ó fondo das mallas (23´). 

Foi o As Pontes  a polo segundo e nunha gran xogada de Quique que se vai de varios defensas dentro da área, tira e despexa Berto (24´). Tamén só dentro da área ante Berto Pardo acabase liando co balón (38´), aínda que entremedias resaltar outra contra visitante na que tras un centro dende banda por sorte desvía o balón salvador Rego antes de que Roi remate ó fondo das mallas (32´).

Ata que chegou o segundo gol local, tras unha internada por banda de Alex Cabarcos, que centra, desvía Mera o balón cara á area pequena, e lle cae inmellorable a Quique que acaba marcando libre de marca chegando dende atrás (40´).

Como aconteceu no primeiro gol local, os azuis puideron poñer terra de por medio, pois na xogada posterior ó gol, Carlos queda só ante Berto pero acabaselle facendo longo o control e botandoselle enriba (41´). Máis clara foi a ocasión preto do descanso cando o xogador de Ares cabecea ó poste e o rexeite enviao Pardo ó lateral da rede (44´). 

O segundo tempo non foi tan intenso como o primeiro, pero seguiu levando o mando do encontro o As Pontes. Nunha gran internada de Alex por banda esquerda remata Quique e saca o porteiro (62´). Logo é Erni quen centra e Carlos cabecea frouxo a rentes do pau (64´). Noutra boa aproximación dos locais Criado manda o balón por alto (66´). 

Tras un tiro de Erni despexa Berto e o balón cae nos pes de Rego que o envía ó fondo das mallas, en fora de xogo segundo o liña (80´). Pero despois de tanto perdoar, na única aproximación con perigo visitante no segundo período, tras unha perda de balón de Toni e despois de Alex, nun centro dende banda, rexeita Paco como pode o primeiro disparo visitante, pero nun calco do anterior gol dos verdes, o balón caelle a David Suárez quen chegando completamente só mandao ó fondo das mallas (90´).

Cando semellaba que o encontro ía rematar en igualada, Bossa sacouse outro pase en profundidade cara ó central Alex Sánchez, que penetra na área e acaba batendo por baixo a Berto (93´). Aguantou a ventaxa o equipo azul nun longo desconto e suma 68 puntos, antes de visitar ó Foz, equipo en clara progresión. 

Por detrás Viveiro suma 54, Noia 53, Sarriana 52, e o Arzúa descolgase un pouco con 49. Decimo oitava vitoria pontesa como local ante o Ordes, por cinco empates e catro triunfos visitantes. 

3 CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rego (Martín 83´), Rivas, Adrián, Quique, Bossa, Carlos (Toni 66´), Fidi (Sánchez 85´), Pardo (Erni 60´). 

2 Ordes SD. Berto, Gabi, Lugo, Mera, Bruno, Chiño, Villa (Saad 71´), Munín, Roi (Rubén 91´), Súarez, Barca.

Goles: 1-0, Carlos (15´), 1-1, Roi (23´), 2-1, Quique (40´). 2-2, David Suárez (90´), 3-2, Sánchez (93´).

Árbitro: Julián Buján Vidal (Santiago). Auxiliado por Ferrol Muñiz e Mirazo Insua. Amoestou a Rego, Adrián, Lugo, Mera, Roi, Suárez.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios