Boa vitoria, máis sufrida do que indica o marcador, do As Pontes no debut ligueiro ante o conxunto coruñés do Victoria.
Adiantábanse na primeira parte tras un pase dende banda esquerda que remataba en boca de gol Manu Vila (35´).
O encontro mantívose igualado ata que xa nas postrimerías, dous tantos de canteiráns, Javi Fernández de falta (85´), e Xoel, que chegou completamente so á portería dende o segundo pau (94´) situaban o 3-0 definitivo.
Próximas complicadas visitas a Noia e Montañeros. Xogaron Pita, Criado, Esteban, Coello (Rafita 68´), Maxi, Traba, Jandro (Cayetano 51´), Rivera (Javi 68´), Echavarri (Xoel 80´), Manso, Vila (Caminata 68´).
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro