Amigus
As Pontes

RESULTADOS VI REGATA DO 2º CIRCUITO DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

LAGO DE AS PONTES 9/09/2023.

O Lago de As Pontes foi o escenario da VI regata provincial de piragüismo do 2º CIRCUITO DEPUTACIÓN DA CORUÑA ca organización do Clube de piragüismo GRUPO XUVENIL DE AS PONTES E A FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO, ca colaboura do CONCELLO DE AS PONTES.

Participaron cerca de 300 padexeir@s pertencentes ós 10 clubes de A Coruña. Polo Clube Pontés participarón 23 padexer@s, dos que cinco participaban por primeira vez nunha regata despois da aprendizaxe nos cursos que organiza o clube durante o verán na Praia do Lago. Estes fonron os seus resultados:

  • Javier Filgueira Fernández acadou o primeiro posto na categoría prebenxamín.

 

  • Izan Cascudo Montes e Martín Ferro Franco acadaron o 7º e 8º posto respectivamente e para Martín era a súa primeira regata.

 

  • Virginia Vilasuso Polo acadou o 5º lugar e Aleixa Amado Fernández clasificouse no 6º lugar na categoría muller prebenxamín. Para ámbalas dúas era a súa primeira regata.

 

  • Unai Penabad Galdo foi o ganador na categoría home benxamín “B”.

 

  • Martina García Paz acadou o 2º lugar na categoría Alevín “B” e na mesma categoría Irene Martín Lago na súa primeria regata acadou o 14º posto.

 

  • Xandre Pena Antón na categoría home Alevín “B” acadou o 4º lugar.

 

  • Na categoría Alevín “A” Xoel Timiraos Pico proclamouse vencedor, superando nun apretado sprint a seu compañeiro Daniel Ferro Franco que acadou o 2º lugar. Nesta mesma categoría Enos Prieto Permuy acadou o 12º posto.

 

  • Xalo Romero Valle e Xalo Cascudo Montes na categoría infantil “B” despois dunha disputada regata sobre 3000 metros acadaron o 1º e 2º lugar respectivamente.

 

  • Na categoría home infantil “A” Adrián Filgueira Fernández e Omar Penabad Galdo disputaronse os primeiros postos no sprint final no que acadaron o 1º e 3º lugar respectivamente. Nesta mesma categoría Bruno Tojeiro Asenjo clasificouse en 11º posto e tamén debutou o padexeiro pontés Adrián Riveiro Magdalena acadando o 30º posto.

 

  • Antia García Pico e Carmen Alén Bellas acadaron o 4º e 7º posto respectivamente na categoría muller cadete.

 

  • Xalo Garcia Paz, David Prieto Pena e Fernán Nicolau Pena Antón acadaron o 10º, 24º e 29º posto respectivamente.

 

Na clasificación final por clubes o Grupo Xuvenil acadou o 4º lugar.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

 

También podría gustarte
Comentarios