Amigus
As Pontes

XALO FRANCO CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Para este mércores en Curtis xunto a outros 30 xogadores

O futbolista pontés Xalo Franco Rego, do Racing Vilalbés, ven de ser convocado xunto ao seu compañeiro Aarón Veiga para uns adestramentos da Selección Galega Infantil Sub14.

Terá lugar este mércores 27, no Campo Lucas Vázquez de Curtis, as 17:30. Xalo leva varios anos no Vilabés, desenvolvese na zona de ataque e participará xunto a outros 30 futbolistas.

Nesta primeira convocatoria acuden 62 xogadores, a metade do sector Norte (A Coruña-Lugo), e a outra metade do sector Sur (Pontevedra-Ourense). Neste caso adestrarán o luns en Porriño.

O Deportivo con dez xogadores e o Celta con oito son os equipos que máis representación teñen nesta convocatoria. Os 31 convocados do Norte son os seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Daniel López, Eder Vilas, Esteban Ruiz, Iago Varela, Lucas López, Miguel Roade, Nicolás Naveiras, Nikolay Dyulgerov, Raúl Lema, Sergio Cortizo.
CD Conxo Santiago: Brais Monteagudo, Enrique Gude, Jacobo Blanco, Martín Forján
San Tirso SD: Alejandro Martínez, Antón Vilariño, Hugo Ferreiros, Pablo Gandarela
Ural Español CF: Ayose Lagoa, Jose Pérez, Martín Fernández
CD Lugo: Jorge Fernández, Noel Cayón
Bertamiráns FC: Gabriel Cortés, Martín Noya
Racing Club Vilalbés: Aarón Veiga, Xalo Franco Rego
CD Calasanz: Mikias Sánchez
Victoria CF: Anxo Castro
ED Xuventude Oroso: Darío Martínez
SD VIveiro: Roque Salgueiro

Nova cortesía Julián Franco e XF. Foto cortesía Racing Vilalbés.

También podría gustarte
Comentarios