PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 5 – SDC RESIDENCIA DE LUGO 0

O As Pontes logra un contundnete triunfo antes de encarar os seis complicados partidos que lle restan na primeira volta

Contundente triunfo do As Pontes 5-0 nun partido no que dominou de principio a fin e no que puido conseguir incluso máis goles, perante un Residencia de Lugo, que anteriormente gañara a Betanzos e Dubra, e empatara co líder Paiosaco, entre outros.

Voltou o As Pontes a encarrilar o encontro case desde o inicio, como fixera nas dúas primeiras xornadas caseiras ante Sofán (4-0) e Escairón (5-1), e así puxo terra de por medio nas dúas primeira oportunidades que tivo.

Primeiro é Ramos quen se vai por banda dereita, centra e remata de primeiras en boca de gol Eloy Díaz (2´). Importante gol para o dianteiro coruñés, que non marcaba dende a quinta xornada e consigue o seu cuarto gol da campaña. Despois, tras un gran pase en profunidade de Bossa, queda só Eloy, que avanza, e logo cedella a Adrián iglesias que só ten que empurrala (8´).

Seguiu dominando o cadro local, e tras unha internada de Iglesias que remata cruzado Fidi (22´), seguiulle una gran pase en profundidade de Bossa, centra Criado sobre a liña de córner e Iglesias remata contra o corpo do defensa (27´).

Logo foi Eloy quen realizou un forte disparo dende fóra da área, que ía cara o escuadro e desviou a córner in extremis Diego (29´), e posteriormente nunha internada de Alex por banda esquerda, centra, dalle Ramos de primeiras co calcaño e o balón vaise por riba do longueiro (32´).

Ata que chegou o tanto do Mago de Viveiro. Tras unha falta clara sobre iglesias, o medio centro colocou o balón no segundo pau, a onde non puido chegar Diego, casi sentenciando o encontro (36´).

A única ocasión visitante chegou tras un despiste defensivo no que Elías queda só, regatea a Kiko, pero escorado remata ao lateral da rede (40´). Non obstante, cun remate de Rego a rentes do pau, tras saque de córner (44´), e unha xogada na que Fidi lla cede a Ramos, que regatea ó defensa, pero remata ás mans do porteiro (46´), chegouse ó descanso.

O segundo tempo comezaba coa mesma tónica, e así, tras un tiro cruzado de Fidi, o balón toca levemente nun defensa, Diego non consigue atallalo, o balón queda morto, pero despexa un xogador visitante antes de que chegue Iglesias (46´).

Foi pouco despois que chegou a sentencia. Desmarcase Iglesias por banda dereita, e tras un gran pase en profunidade de Fidi, queda só, avanza, pasa o balón, este golpea en dous defensas e finalmente acaba no fondo das mallas antes de que o empuxara Ramos que chegaba só (50´), facendo o quinto gol da campaña o dianteiro de Agolada.
Seguiu dominando o As Pontes, e Eloy tivo unha moi clara tras pase de Iglesias, que en boca de gol enviou fóra (51´), e noutra contra o balón vai dunha banda a outra, e Alex Cabarcos conecta un forte disparo que acaba despexando como pode Diego con unha perna (59´).

Ata que chegou o quinto gol pontés, tras un centro dende banda dereita de Criado, controla só Carballeira, dispara, e ó rexeite do gardamallas está atento Diego Chis para empalar ó fondo da rede o seu primeiro gol da campaña (77´).

O propio xogador de Narón fixo unha bonita vaselina, pero estivo atento Diego atallando o balón (83´), e o mesmo fixo nunha xogada na que Ramos disparou dentro dá área (88´).

Con un perigoso cabezazo de Iglesias ó lateral da rede (89´), e outro paradón de Diego a un gran remate de cabeza do asturiano Roberto (90´) rematou o encontro.

O As Pontes sitúase sexto con 21 puntos antes de afrontar as seis etapas pirenaicas e alpinas. Visita ao Dubra, quinto, e posteriormente ó líder Paiosaco e ó Ribadeo. E na casa recibirá ó Betanzos, Viveiro e Arzúa, xa no 2018.

Nin que decir ten que de como supere estas etapas dependerá os seu futuro no que reste de Liga. Sería sublime gañar os encontros da casa e intentar pescar algún triunfo a domicilio.

De momento, complicada visita a Dubra o vindeira xornada, un moi bo equipo, con xente experimentada como Rubén Márquez, Mariño, Adrián Vázquez, ou Gonzalo, entre outros.

5 CD AS PONTES. Kiko, Criado, Alex (Roberto 61´), Rego, Dani, Adrián Martínez, Ramos, Bossa (Jandro 79´), Eloy (Carba 71´), Fidi (Chis 67´), Adrián Iglesias.

0 SDC RESIDENCIA. Diego, Rober, Esteban (Zapico 61´), Adrián, Borja, Raposo (Dani 54´), Rasilla (Lucas 74´), Yeray, Aldo (Simón 54´), Mauro, Elías.

Goles: 1-0, Eloy (2´), 2-0, Adrián Iglesias (8´), 3-0, Bossa (36´). 4-0, Adrián Iglesias (50´), 5-0, Chis (77´).

Árbitro: Marcos Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Insua Lago e Cedeira Méndez. Amarelas a Bossa, Adrián Martínez, Adrián, Mauro, Rasilla, Yeray. Expulsou con vermello directo ó preparador físico visitante.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios