Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES-SD SOFÁN & BOIMORTO CF-CD AS PONTES

Doble compromiso ligueiro para o As Pontes este xoves e tamén o domingo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes ten unha semana axetreada dado que xoga dous partidos en apenas 72 horas, nos que se agarda unha boa entrada para buscar conseguir o récord de vitorias e tratar de aventaxar máis aos seus rivais.

Primeiro, recibe este xoves ao Sofán, oitavo con 14 puntos, que pode dar máis dun disgusto. Leva catro derrotas, pero só contra equipos da zona alta, que lle gañaron con moitos apuros, Ribadeo (2-1), Noia (2-3), Sarriana (2-0), Viveiro (2-1), e empatou co Dubra (1-1). Chega ao Poboado tras unha interesante vitoria ante o Arzúa (2-0).

Mantén prácticamente o mesmo bloque que a campaña pasada rematou na undécima praza, con xogadores como o gran carrileiro zurdo ex pontés Pablo Domínguez, e o media punta arxentino Matías Navarrete, que tamén fixera unha pretemporada cos azuis. O único precedente na casa contra o equipo de Carballo, un 4-0 no primeiro partido no Poboado a campaña pasada.

Xa o domingo, o cadro de Marco Roca visita a complicada cancha do Boimorto. Duodécimo con 13 puntos, foi quen de gañar en Dubra (0-2), empatar 2-2 na visita ao favorito Noia, e dos grandes só perdeu 1-2 co Ribadeo, 0-1 coa Sarriana, e tamén empatou 1-1 co Viveiro.

O ano pasado foi decimocuarto e mantén a base do equipo, onde destacan os goleadores Nieto e Andrés, que anotaron dez tantos cada un. Hai sete meses o As Pontes logrou unha sufrida vitoria 0-1 nun partido que se aprazara no seu día pola choiva, e cun campo moi encharcado, como se agarda para este domingo. Anteriormente, 2-2 na 1982-83.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD SOFÁN (XOVES 1, 17:00)
BOIMORTO CF-CD AS PONTES (O CARBALLAL. DOMINGO 4, 17:00)

FEMININO
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (SÁBADO 3, 17:00)

XUVENIL A
BERGANTIÑOS CF-CD AS PONTES (AS EIROAS. XOVES 1, 12:00)

XUVENIL B
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (SÁBADO 3, 16:15)

CADETE
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 3, 12:00)

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (A GÁNDARA 1. VENRES 2. 19:05)

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL (XOVES 1, 10:15)

BENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO B-CD AS PONTES A (RÍO SECO. MÉRCORES 31, 19:30)
CD AS PONTES B-SDCR NARÓN O FREIXO (XOVES 1, 11:25)

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (VENRES 2, 18:00)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL (XOVES 1, 12:35)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios