PREFERENTE NORTE. CD CASTRO 1 – CD AS PONTES 6

O As Pontes suma tres importantes puntos, e alónxase no liderato, antes de afrontar catro etapas pirenaicas.

O As Pontes goleou esta tarde ó Castro 1-6 no Arturo Pereiro, cun marcador un tanto enganoso, xa que nalgúns tramos do partido a piques estiveron os locais de achegarse moito no marcador.

E iso que as cousas pronto se poñían de cara para os azuis. Nun balón pelexado por Rego, dallo a Quique que centra a portería, e Brais no intento de despexe acaba introducindo o balón na súa portería (9´). Poñíase terra de por medio, tras unha falta lateral que bota Carlos e desvía o balón ó fondo das mallas o Buide (14´).

Parecía encarrilado o encontro cando cede Dani o balón atrás e Fidi dende o borde da área marca polo escuadro (23´). Antes do descanso puideron recurtar distancias os locais, cando no habitual xogo perigoso cara atrás dos azuis, rouballe o balón Buide a Bossa como último home, pero non consigue definir ante Pelayo (30´).

Tamén puido ampliar o marcador o As Pontes, tras unha gran xogada de Alex, que hoxe reaparecía, por banda esquerda, que lle sirve un gran balón a Quique que dispara fóra (31´). Cun disparo do mesmo xogador de Ares a rentes do pau dentro da área chegouse ó descanso. (38´).

Resaltar por certo o marcador electrónico do Arturo Pereiro, que ademáis conta con cronómetro do encontro, que ven de maravilla cando hai que estar coa cámara e apuntando nunha libreta ó mesmo tempo.

No inicio do segundo tempo zapatazo de Quique, que despexa con apuros o porteiro (52´), e despois remate frouxo de cabeza de Carlos dentro da área (53´). Pero a partir de aí chegaron uns malos minutos dos visitantes que a piques estiveron de complicar o encontro.

Nico desfaise de Sánchez na área pequena e acaba salvando Pelayo (54´), e pouco despois, outro xogador local queda completamente só, neste caso Aaron, remata, e cando o balón estaba a piques de entrar, acabao metendo na súa porta Ramos (55´). Non chegou o segundo de milagre, pois tras un centro de banda a banda, empala moi forte un xogador local e o balón marcha polo lateral da rede a un palmo de entrar (63´).

Sacudiuse un pouco a presión o As Pontes, e tras un gran pase de Carlos, remata fora Quique (65´), e noutro bo pase cara atrás de Ramos, Toni, en situación inmellorable, manda o balón por alto (68´).

Sentenciaron os azuis nunha xogada na que tras un forte disparo de Carlos, que non consigue atallar o porteiro, Quique pelexa o balón co gardamallas, tocandoo un pouco este coas mans, e o colexiado sinala penalti que o propio xogador de Ares se encarga de transformar (74´).

Aí rematou o partido. Despois Dani, só, tivo unha gran ocasión pero quixo regatear en lugar de rematar de primeiras (75´), e Carlos fai un bo remate de cabeza pero o balón marcha preto do longueiro (78´). Quen si marcou, e un golazo ademais, foi Erni, que recolleu un balón no borde da área e colouno polo escuadro facendo o quinto (82´).

Nos últimos minutos o equipo local veuse completamente abaixo, e foi unha milagre que non chegara o sexto. Dani cabecea alto (85´), Erni non chega a conectar de cabeza só ante o porteiro (86´), Fidi regatea ós defensas pero na área pequena dispara ó boneco (89´), Erni manda o balón ó longueiro (90´), e tras un bo disparo de Fidi, gran parada do porteiro que desvía a córner (91´).

Cun gran remate de cabeza de Dani, que colocou o balón moi ben, a onde non podía chegar o porteiro, facendo o sexto (92´), rematou o partido, e o As Pontes suma unha importante vitoria nunha xornada na que perderon dous rivais directos.

As Pontes suma 39 puntos, por 35 de Sarriana, 30 de Noia, 27 de Arzúa e 26 de Viveiro e Ribadeo. O próximo partido no Poboado, complicada visita do Ribadeo. Terceira vitoria do As Pontes en Castro, por tres triunfos locais e un empate. Consigue resarcirse históricamente do 6-1 sufrido na campaña 2008-09.

CD Castro. Josema, Alberto Rey (Folgueira 82´), Miguel López, Brais, Dumi, Dani Montes (Raúl 48´), Aaron, Nico (Torito 62´), Hugo Buide (Adrián Fernández 82´), Corbelle (Chumi 58´), Dani López.

CD As Pontes. Pelayo, Ramos, Alex (Criado 61´), Rego, Sánchez (Martín 61´), Dani, Toni, Bossa, Quique (Sergio 78´), Fidi, Carlos (Erni 78´).

Goles: 0-1, Brais, en propia meta (9´), 0-2, Carlos (14´), 0-3, Fidi (23´). 1-3, Ramos, en propia meta (55´), 1-4, Quique, de penalti (74´), 1-5, Erni (82´), 1-6, Dani (92´).

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado (Ourense). Auxiliado nas bandas por Rodicio González e Pereiro Cabido.

Campo e incidencias. Arturo Pereiro, uns 100 espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios