Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD SANTABALLÉS 1 – CD AS PONTES 1

O As Pontes araña un punto nun derbi no que xogou cun menos casi toda a segunda parte

Vibrante derbi o vivido este domingo á tarde en Santaballa que rematou con empate a 1-1. Vellos coñecidos no equipo da parroquia vilalbesa, como o mítico Iago Castro, Jandro ou Josiño.

Comezaron chegando máis os locais e dun centro de banda dereita, Iago, en posición franca na área pequena mandou o balón por riba do longueiro (13´). Si anotou máis adiante de penalti tras apreciar o colexiado que Rey o derrubou dentro da área enganando a Paco (23´).

A raíz do gol o As Pontes subiu liñas e tras unha falta lateral botada por Bellas rematou de cabeza Iván Pérez establecendo o empate pouco antes do descanso (43´). Incluso puido facer un segundo o cadro pontés nunha boa xogada de Moreda por banda dereita que lla sirve a Toni que manda a bola a rentes do pau (46´).

No segundo tempo complicabanselle as cousas ao As Pontes cando o central Iván vía a segunda amarela e quedaba cun home menos (57´). Por riba a Paco deulle un sol potente na cara no último tramo e incluso acabou renqueante.

Pero xogar con dez espoleu aos ponteses que dominaron máis neste segundo acto, e os branquiazuis nos últimos minutos, pero sen grandes ocasións para ningún dos dous equipos que acabaron por dar por boa a igualada.

Cuarto partido oficial entre ambos conxuntos, e terceiro empate. Na 2009-10 do ascenso pontés a Terceira, 0-0 no Poboado, e 0-4 na Liga na segunda volta, tantos de Jorge Parada (2), Iván González e Álvaro.

Nesta campaña, 2-2 en As Pontes, e 1-1 esta tarde en Santaballa que deixa aos ponteses con 17 puntos antes de recibir ao Foz nun partido vital. Os lucenses teñen 12 antes de visitar ao Betanzos.

CD SANTABALLÉS. Ivo, Rubén, Chechu, Muñiz, Nito, Martín, Palomo (Jandro 75´), Ferreiro, Yago, Vérez (Óscar 89´), Casas (Hugo 65´).

CD AS PONTES. Paco, Criado, David (Jaime 82´), Iván, Montes, Rey (Pájaro 45´) Brais (Traba 58´), Toni, Moreda (Edgar 82´), Sergio, Bellas (Vilela 67´).

Goles: 1-0, Iago Castro, de penalti (23´), 1-1, Iván Pérez (43´).

Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas. Auxiliado por Bermúdez Seoane e Zas Suárez. Amarelas a Rey, Chechu e Ferreiro. Expulsado por dobre cartón Iván Pérez (57´).

Incidencias. Campo de A Liga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios