Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CSD ARZÚA-CD AS PONTES

Complicada visita do As Pontes ó Campo do Viso

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes ten unha complicada visita este sábado, 17:00, en encontro arbitrado por Rubén Reborido Rodríguez (A Coruña), a Arzúa. De feito, tanto ponteses coma arzuanos son dous dos catro equipos que levan pleno de puntos ata o de agora.

O cadro do Viso fixo unha magnífica campaña o ano anterior, na que acabou sétimo, e incluso chegou a estar segundo antes do parón de Nadal. Conserva o bloque do ano anterior e fixo tres fichaxes de calidade, con dous xogadores que chegan da Terceira, Juanjo (Noia) e Íker Hurtado (Arenteiro).

Outro futbolista destacado é o ex atacante pontés Adrián Iglesias, que por motivos académicos marchou este ano a Santiago de Compostela, e que anotou 14 goles cos azuis a tempada pasada, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Rubén Pardo.

Será un rival moi complicado, sen ir máis lonxe os branquiazuis gañaron 1-2 ó Viveiro no debut, e esta pasada fin de semana 1-0 a todo un Arteixo. O último enfrontamento entre ambos equipos data de hai apenas tres meses e medio, na derradeira xornada de Liga en que gañou o As Pontes 1-3.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios