Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE: NOIA CF 0 – CD AS PONTES 3

Brillante triunfo do As Pontes na casa do gran favorito

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes deu este domingo á tarde no Campo de San Lázaro un gran paso de cara ás súas opcións de ascenso tras gañar 0-3 ó Noia, pese a que aínda queda moito camiño por facer.

Despois de reclamar un posible penalti sobre Pardo (10´), os azuis poñían terra de por medio, con dous goles de Carlos. Nun primeiro, tras un pase en profundidade vaise dos defensas e bate por baixo a Pajarillo (12´), e pouco despois cabecea dentro da área un centro que chega a desvíar o porteiro pero acaba entrando (14´).

Despois, lanzamento de falta de Bossa que atalla o gardamallas (19´), e boa xogada de Pardo que dispara por alto dende fóra da área (28´), perante un equipo local, seguramente o de maior fondo de armario da categoría, pero que se viu carente de espirito, e que se achegaba tímidamente con algunha incorporación de Quintairos e Stefan.

Nos últimos minutos do primeiro período, tras un córner e un posterior rexeite, caelle o balón a Alex Cabarcos, que dispara pero o balón sacao un defensa (40´), e o propio Carlos fixo un bo disparo a media altura dentro da área que un zagueiro conseguiu desviar a córner (44´).

Xa co tempo cumprido, nunha xogada a balón parado botada por Bossa, non chega a desviar o balón Pajarillo e atento está coa cabeza Dani para mandar o esférico ó fondo da rede casi sentenciando o encontro (45´). No inicio do segundo tempo os locais buscaban recurtar distancias e o As Pontes aproveitar as contras, e nunha incorpórase moi ben o sempre incisivo Pardo, pero con todo a favor acaba liándose co balón dentro da área (55´).

Un bo remate de Quintairos despexao a córner milagreiramente Paco (63´), pero noutra contra volve a marcharse Carlos, i é derrubado cando encaraba a portería ensinando só amarela o colexiado (70´). Pouco despois chegou a xogada clave do segundo tempo, nun remate do equipo local, que saca coa man Adrián Martínez cando o balón xa entraba (75´).

Foi expulsado o coruñés con vermello directo, pero o penalti lanzouno o ex do Real Madrid B e da selección española sub17 Adrián Quintairos ó longueiro co que se esfumaron as poucas opcións de remontada local (75´).

A pesar de xogar cun futbolista menos non se descompuxo o As Pontes, que incluso dispuxo de varias contras, a máis reseñable finalizou cun remate de Alex Cabarcos que sacou o porteiro (87´). Cunha gran parada de Paco ante Piñeiro que se prantou só ante o gardameta ferrolán rematou o encontro e o As Pontes suma tres importantísimos puntos (93´).

Oitavo triunfo pontés en Noia por tres empates e tres triunfos locais. O As Pontes suma 45 puntos, por 38 da Sarriana, 32 de Viveiro, 31 de Arzúa, e 30 do Noia, nunha semana na que lle queda recibir ó Pobra e visitar ó complicado Dubra.

Noia CF. Pajarillo, Rendo (Sergio 58´), Ander, Angelo, Conde, Bendaña, Stefan, Hugo (Saviola 80´), Quintairos, Rubén (Piñeiro 72´), Jhon.

CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex, Rego, Martín (Sánchez 83´), Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Trillo 87´), Fidi (Toni 67´), Pardo (Erni 60´).

Goles: 0-1, Carlos (12´), 0-2, Carlos (14´), 0-3, Dani (45´).

Árbitro: Gonzalo Belmonte Martell (A Coruña). Auxiliado por Pérez Rellán e Naya Rey. Amarelas a Martín, Adrián, Conde e Bendaña. Expulsou con vermello directo a Adrián Martínez (75´).

Campo e incidencias. Campo de San Lázaro de Noia. Cunha fenomenal asistencia de máis de 300 espectadores en tarde chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios