PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 3 – IM GALICAL RÁBADE FS 8

Vitoria do líder este domingo á noite no Monte Caxado

148

Contundente derrota do equipo do Lago 3-8 ante o líder da categoría, o Rábade, que conta todos os seus partidos por vitorias.
Os locais adiantáronse co gol de Pelu, pero os lucenses apretaron e chegaron 1-4 ao descanso.

Pese a situarse os locais 2-4 e 3-5 cos tantos de Adrián Meizoso e Borja Pereira, nos dous derradeiros minutos non tivo fortuna co porteiro xogador o cadro de Diego Paz.

Pero fixeron boa a vitoria da semana pasada en Santiago 3-4, o que os sitúa na zona media baixa con 6 puntos, con próxima visita ao Castroverde, que é penúltimo, pero so dos puntos por debaixo.

Xogaron Kevin, Borja, Jacobo, Diego, AdriánM; Pelu, Pablo, Rober, Santi, AdriánB, Dani, Sergio.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios