O equipo pontés do Lago conseguiu este sábado o seu primeiro triunfo en Liga tras un partido vibrante que semellaba sentenciado ao descanso co 3-0 cos tantos de Pablo, Adrián e Xoan.
Pero trala reanudación os visitantes conseguían igualar o encontro en apenas sete minutos. Jacobo e Rober Paz voltaban a poñer en ventaxa aos azuis pero cun tanto coruñés no último minuto houbo que sufrir ata o final.
Tres importantes puntos para os de Diego Vinicius, que son undécimos con tres puntos antes de visitar ao Concello de Friol.
Xogaron Cal, Pelu, Jacobo, Diego, Rober; Kevin, Mario, Xoan, AMeizoso, Pablo, ABellas e Dani.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro