PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 7 – RESTAURANTE GALICIA AGOLADA FS 3

Partido este sábado á noite no Monte Caxado

282

Debut do Lago DVSport como local nesta Preferente Norte trala derrota 6-2 a pasada fin de semana ante o histórico Troula Betanzos.

O coqueto pero pequeno Pavillón de Monte Caxado era o escenario da gran vitoria 7-3 ante Agolada, que viña dun empate 7-7 ante o Cinco Coruña “B”.

Pese a comezar perdendo os discípulos de Diego Vinicius remontaron ata chegar 4-2 ao descanso e ao rotundo e definitivo 7-3, cos dobletes de Dani Martínez (2), Diego Pellón (2), Adrián Meizoso (2), e o último do gran Rober Paz.

Xogaron, Kevin, Borja, Pellón, AdriánM, Dani; Rober Paz, Jacobo, Pelu, AdriánB e Sergio. Cos tres primeiros puntos na próxima xornada reciben ao Castro de Ribeiras de Lea.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios