SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CD UNIÓN ARROYO (8-4)

O Esteo volve xogar en As Pontes dezaseis meses despois

184

Despois dunha temporada enteira no exilio nas acolledoras terras somocenses, o Esteo volvía a exercer de equipo pontés este domingo á mañá no Monte Caxado recibindo ao Unión Arroyo.

Curiosidades da vida e do deporte, o derradeiro encontro do Esteo en As Pontes, na Fraga, fora un 17 de Maio de 2021, precisamente nun 2-3 co Unión Arroyo, de Valladolid, o rival de hoxe.

Debutaba na casa no coqueto e pequeño Pavillón de Monte Caxado un Esteo que viña de perder 5-2 co Parrulo no derbi pero que hoxe gañou con contundencia, curiosamente co mesmo resultado que a campaña pasada ante este equipo.

Os primeiros vinte minutos foron intensos e con tres expulsados, Cokito e dous visitantes, entre eles o gardamallas, para o que non había reemplazo.

Pero no segundo período o Esteo foise alonxando pouco a pouco no marcador, con Javier na portería visitante, que tivo que exercer trinta minutos como porteiro cunha gran actuación. Próxima xornada visita ao Sala Ourense.

O ESTEO FS. Juan, Héctor, Troncho, Jandro, Eloy – Jhony, Cokito, Adrián, Faílde.

UNIÓN ARROYO. Josue, Adrián, Balle, Óscar, Cristóbal – Miguel, Caballero, Ofa, Diego, Javier.

GOLES. 1-0, Jandro (3´), 1-1, Miguel, (6´), 2-1, Jandro (8´), 2-2, Cristo (9´). 3-2, Troncho (21´), 4-2, Jandro (24´), 5-2, Troncho (25´), 6-2, Troncho (26´), 6-3, Ofa (27´), 7-3, Adrián (31´), 7-4, Ofa (33´), 8-4, Adrián (39´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Óscar, Cristóbal. Expulsados con doble cartón Balle (16´), e con vermello directo Cokito (16´) e Josué (11´). Uns 50 espectadores.


Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios