Amigus
As Pontes

I CIRCUITO DEPUTACIÓN DA CORUÑA AS PONTES 2022

Disputouse este domingo á mañá no Lago pontés

Este domingo pola mañá disputouse a proba piraguística provincial que estaba prevista para hai tres semanas, pero fora suspendida polo mal tempo, que non foi mellor na xornada de onte, perxudicando por momentos a varios dos palistas.

Máis de 380 participantes de entre 6 e 16 anos se deron cita nas probas prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, con grandes resultados para os padexeiros locais.
Por puntos o gran dominador foi o clube Ría de Betanzos, de onde saiu, entre outros, Carlos Arévalo, doble Campión Mundial hai un mes e medio en Canadá nos K4-500 e K1-200.

Os 6358 puntos dos betanceiros foron seguidos polos 5270 do Firrete de Pontedeume e os 4851 do Cabanas, sendo o Xuvenil noveno con 2145 puntos.

Sen embargo o clube pontés foi terceiro no medalleiro con sete metais, nada menos que tres ouros, a cargo de Antía García, Xalo Cascudo e Xoel Timiraos, dúas pratas de Daniel Ferro e Javier Filgueira, e dous bronces conseguidos por Martina García e Xalo Romero.

Seis probas foron gañadas polo Clube Cabanas, catro polo Ría de Betanzos, tres conseguiu o Xuvenil, dous triunfos de Miño e Firrete, e unha vitoria de Rianxo, Ribeiras do Tambre e Narón.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios