PREFERENTE NORTE. SAN TIRSO SD 1 – CD AS PONTES 1

O As Pontes consegue salvar un empate en Abegondo

Empate do As Pontes na súa visita a Abegondo, 1-1, ante o San Tirso de Álvaro Rey e David Prieto. Mesmo resultado da semana pasada ante o Atlético Arteixo, e con dúas igualadas saldan os azuis as súas dúas saídas consecutivas.  

No primeiro tempo resaltar un disparo de Xian que salva Paco (13´), e a ocasión máis clara correu a cargo dos azuis, tras unha boa internada de Ramos por banda dereita, que centra, controla Carlos o balón e con todo a favor mandouno rozando o pau (27´).

Pouco despois marcaron os locais tras botar un córner con moito perigo que ninguén despexa e case cando se colaba o balón dous xogadores azuis acaban por introducilo de cabeza na súa propia portería (30´). Antes do descanso noutro balón que se pasea pola área visitante sen que ninguén o despexe a piques está de voltar a chegar o segundo gol (33´).  

No segundo tempo empatou Toni, tras unha xogada dentro da área local con varios remates e rexeites (72´). Pero puido conseguir o segundo o ex do Vilalbés Dani, que se marcha de Sánchez, encarando a Paco, e consegue salvar o meta ferrolán (76´). Sen tempo para máis, reparto de puntos no Monte, o As Pontes segue líder con 65 mentres o San Tirso suma 29. Próximo partido no Poboado ante o Ordes. 

Primeiro empate no Campo do Monte, por catro vitorias locais e tres visitantes. Entre finais dos 70 e principios dos 80, xogaron seis partidos ambos conxuntos, gañando o equipo verde os tres primeiros, 4-2, 2-0 e 4-0, e os ponteses os tres últimos, 3-4, 1-3 e 0-1. Trinta e catro anos despois voltábanse a encontrar a campaña pasada onde gañaron os locais por un rotundo 3-0. 

1 San Tirso SD. Diego, Nacho, Miguel, César, Roberto, David Prieto, Álvaro, Óscar, Dani (David 83´), Segade (Guillermo 89´), Xian (Fran 67´). 

1 CD As Pontes. Paco, Ramos, Rivas, Sánchez, Martín, Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Pardo 89´), Fidi (Toni 66´), Erni (Quique 66´)

Goles: 1-0, Traba, pp (30´). 1-1, Toni (72´).

Árbitro: Alberto Martínez Míguez, auxiliado por Castro Castro e Álvarez Castro. Amarelas a Xian, Miguel, Dani e Bossa. 

Campo e incidencias: Campo de O Monte. Uns 100 espectadores en tarde fría e soleada. 

Nova cortesía Xose Ferreiro e Pepe Pena

También podría gustarte
Comentarios