SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-SALA OURENSE (4-3)

O equipo pontés consigue impoñerse tras remontar ao ourensán no segundo período

O Esteo pontés de fútbol sala logrou a súa décima vitoria da campaña tras gañar este sábado no Pavillón da Fraga ó Sala Ourense por un sufrido 4-3.

De feito, os visitantes marcharon con ventaxa ó descanso pois mediado o primeiro período adiantábanse, e pese a que Dani situaba a igualada no electrónico co seu primeiro gol da campaña, preto do descanso os ourensáns facían o 1-2 co que se chegou ó intermedio.

Pero no reinicio empataba Pana, e tras un bo tiro do de Pontedeume recolle o rexeite Ayala para enviar o balón ó fondo das mallas logrando a remontada (25´). Despois houbo ocasións para ambos conxuntos, e a destacar dous paradóns de Javichu.

Pero a pouco do final, Martín fai unha gran xogada na que se vai de varios xogadores locais sen que ninguén lle faga falta e acaba marcando de tiro cruzado (35´). 

Pero foi Pana quen quedou só na área, picalle o balón ó porteiro para desfacerse del nun magnífico quiebro, e acaba marcando de forte disparo con dous defensas baixo paus (36´). 

A pouco do final foi expulsado o xogador visitante Edgar por doble cartón, e co xogo de catro xogadores sen porteiro Rober Paz enviou o balón ó pau na que podía ser a sentencia, pero os de Óscar Vigo aguantaron o marcador ata o final.

Son sextos con 32 puntos antes de visitar ó Cidade de Narón no derbi. Equipo naronés que é cuarto con 35 puntos tras vencer a domicilio ó líder Atlético Benavente 2-3. 

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Troncho, Ayala – cinco inicial – Cokito, Rober, Jacobo, Bruno, Dani.

SALA OURENSE: Rubén, Tizón, Alli, Bermejo, Adri – cinco inicial – Dani, Edgar, Igor, Martín, Guede.

GOLES: 0-1, Dani (10´), 1-1, Dani (15´), 1-2, Tizón (18´). 2-2, Pana (22´), 3-2, Ayala (25´), 3-3, Martín (35´), 4-3, Pana (36´).

ÁRBITROS: Hevia Campa, Santoveña Martínez, Fernández Rodríguez (Asturias). Amarela a Cokito, Tizón, Adri. Expulsaron por dobre cartón a Edgar (39´). 

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de A  Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios