PREFERENTE NORTE. SD OUTEIRO DE REI 1 – CD AS PONTES 1

O As Pontes apenas puido arañar un empate co antepenúltimo clasificado, que xogou cun menos e marcou os dous goles.

Nova decepción do As Pontes, que nas dez primeiras xornadas apenas consigue sumar 15 dos 30 puntos en xogo, quedando prácticamente fora de calquera opción de ascenso. Colmo de males, o equipo pontés apenas puido rascar un empate co antepenúltimo clasificado, que empatou xogando cun menos e ademais anotou os dous tantos do encontro.
O equipo azul dominou na primeira metade, pero cústalle moito marcar. En dúas boas internadas de Pardo por banda dereita, o xogador de Ortigueira non conseguiu centrar ben a Adrián Iglesias que chegaba só no segundo pau, e adiantouselle Dieguiño en mabas ocasións (4´e 10´).

Na única aproximación local perigosa neste primeiro período un centro chut de David Pereiro, é desviado por Kiko a córner (13´).

Moi boa ocasión de Adrián Iglesias, que se desmarca por banda esquerda, pero en lugar de cederlla a Eloy dispara e o balón marcha por pouco (19´).

Seguían dominando os hoxe verdinegros, e así, tras un disparo alto de Rubén (28´), nun gran pase de Alex, cabalga Eloy dentro da área, e dispara por riba do longueiro (30´).

Cun cabezazo de Adrián Iglesias que marcha preto do escuadro rematou o primeiro tempo (45´).

E cun disparo do mesmo xogador que se vai por alto comezou o segundo (46´). Despois Fidi presionou ó porteiro local, que no seu despexe dispara sobre o corpo do xogador de Viveiro, pero por desgraza o balón marchou por liña de fondo (52´).

A ocasión máis clara chegou polos locais, e así tras un centro de David Pereiro dende banda dereita, Jorge Pereira completamente só en boca de gol, entre que seguramente non agardaba atoparse nesa situación e que o balón botou un pouco antes de golpealo, mandouno ás nubes (56´).

Respostou o Mago de Viveiro, que se sacou un zapatazo dende o medio do campo que moi inxustamente para o fútbol se foi ó longueiro (58´).

Pouco despois chegou a xogada que cambiou o partido, i é que o local Diego López fai unha falta por detrás sobre Adrián Martínez polo que ve cartón amarelo, e por protestar recibe o segundo e o equipo lucense quedou con dez xogadores para a máis de media hora que restaba de encontro (60´).

Buscou o As Pontes o gol, e tras un disparo fóra de Dani (66´), ten outra gran oportunidade Adrián Iglesias que sacou o porteiro co corpo (68´).

Ata que acabou chegando o gol pontés nunha internada por banda esquerda de Rubén Pardo e o seu centro perigoso a boca de gol acabao metendo dentro un defensa local (73´).

Xogando cun máis semellaba moi de cara o encontró para os visitantes, pero nada máis lonxe da realidade, e así, un As Pontes que se centrou máis en deixar pasar o tempo que en buscar o segundo viu como incomprensiblemente nunha contra, o lateral dereito do equipo lucense dentro da área driblou e deixou sentado ó defensa, e marcou ante Kiko de tiro cruzado (87´).

Pouco tempo lle quedaba ó As Pontes para non deixar voar dous puntos máis, e voltou a ter outra ocasión Adrián Iglesias, pero o seu disparo sacao coa perna Dieguiño (89´).

Aínda así tivo que dar as gracias o conxunto pontés, xa que no desconto perdeu un balón Adrián Martínez que acabou nos pes de Aarón, que só diante de Kiko, golpeou ó aire (93´). I é que como lle acontecera ó seu compañeiro, nin agardaba verse nesa situación e o balón botoulle levemente antes de tentar golpealo. De haberlle dado ben moi probablemente acabaría no fondo das mallas.

Sen tempo para máis, apenas dous puntos en tres xornadas para o cadro azul que recibe este mércores ó Estudiantil. Mal día de fútbol, en directo co As Pontes, e grabado con España sub17. Ó final resultou ser un sábado soleado idóneo para pasear ou ir en bici.

1 SD OUTEIRO DE REI. Dieguiño, Xoel, Kike, Alex (Jonatan 78´), Trigo, Marcos Núñez (Díaz 78´), David Pereiro (Aarón 85´), Alberto Cornide, Jorge Pereira (Iago 66´), Diego López, Adrián Vizoso (Redondo 51´).

1 CD AS PONTES. Kiko, Roberto (Ramos 62´), Alex, Rego, Dani, Adrián Martínez, Adrián Iglesias, Bossa, Eloy, Fidi, Pardo (Carba 87´)
Goles: 0-1, Rubén Pardo (73´), 1-1, Xoel (87´).

Árbitro: Miguel Ángel Castro Castro (Santiago). Auxiliado nas bandas por Botana Rey e Cousillas Castiñeiras. Amarelas a Jorge Pereira, Jonatan, Xoel, Eloy e Chis, Expulsou por dobre amárela a Diego López (60´).

Campo e incidencias. Municipal de Outeiro. Uns cen espectadores en tarde fresca e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios