RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 27-28 OUTUBRO

Vitorias de todos os equipos agás o Prebenxamín B.

FEMININO
CD AS PONTES-UD CEBARCA (3-1)

Terceira vitoria do equipo feminino que este sábado gañou 3-1 ó Cebarca. Mediado o primeiro tempo Paula Baamonde adiantou ás azuis de penalti e pese a que pronto conseguía igualar Gabriela, antes do descanso Yoli facía o 2-1 e preto do final Paula Castro o 3-1.

Son sétimas con 13 puntos, antes de visitar á Capela, que ten seis. Xogaron Leti, Yoli, Tania, Indira, Noelia Ameneiro, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Uxía e Carolina Paz.

XUVENIL
CD AS PONTES-CEDEIRA SD (4-1)

Noveno triunfo do Xuvenil que este sábado gañou 4-1 ó Cedeira. Anotaba pronto Sergio, e pese a que mediado o primeiro período empataba Andrés, rápidamente voltaba a marcar Cazás e posteriormente Carlos, chegando a sentencia a dez minutos do final por parte de Pita.

Con 27 puntos, rematan esta primeira fase visitando ó cuarto, Perlío. O Narón A e o Maniños xogaránse a outra praza en semifinais no Pote. No outro, o Eume xa ten unha praza e pola outra Portuarios e Caranza B, que tamén se enfrontarán entre eles.

Xogaron Lino, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Carlos, Chema, Cazás, Dani, Alex Barro, e despois Pita, Óscar, Cristian, Jose e o porteiro Juan.

CADETE
AD MIÑO-CD AS PONTES (1-6)

Vitoria do Cadete en Miño 1-6. Encontro xa sentenciado no primeiro tempo co 0-4 cos tantos de Joan (2), Xan e Jandro. No segundo marcaron Vicente e Xoel Purriños, anotando Lucas o da honra.

Ánimas xa é gañador con 30, e con 24 están As Pontes, San Pedro e Narón A. Estes dous últimos equipos enfróntanse entre eles mentres os azuis reciben ó penúltimo Narón O Freixo. Necesitan gañar e que non o fagan os ferroláns.

Xogaron Juan, Adrián, Xavi, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan e Joan, saíndo despois Andrei, Alejandro, Xoel, Samuel e Mohamed.

INFANTIL
CD AS PONTES-CD CARIÑO (6-1)

Vitoria do Infantil 6-1. Resultado engañoso pois o encontro transcorría por un igualado 2-1 ata que foi expulsado o porteiro visitante por tocar o balón coa man fóra da área, e ter que sustituilo un xogador de campo.

Segundos con 18 puntos, na seguinte xornada visitan ó Neda, cuarto con 15. Xogaron Hugo Bouza, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario, Xoel, Hugo Blanco, Jandro, Diego, Luis, Sergio, Francisco, Ángel, Ismael e David.

ALEVÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (2-7)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (2-0)

O Alevín A gañou 2-7 en Cariño e terceiro con 16 puntos recibe ó Racing de Ferrol B, sétimo. Primeira vitoria do Alevín B 2-0 ante o Narón B no duelo de equipos aínda sen puntuar. Visitan ó Meirás A, sexto.

BENXAMÍN
CD AS PONTES B-SD O VAL C (11-2)

Segunda vitoria do Benxamín B, 11-2 ante O Val C. Sexto con 6 puntos visita ó Cedeira, oitavo con un.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES B-SCDR NARÓN O FREIXO B (1-4)

Derrota do Prebenxamín B 1-4 ante o Narón O Freixo B. Sétimos con 3 puntos vistan ó quinto, Ortigueira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios